O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, propúxolles aos grupos municipais a expropiación do edificio María Goretti durante a comisión de Urbanismo celebrada esta mañá no salón de plenos, logo de ser preguntado polo estado no que se encontra o inmoble.
O Concello de Ourense e a Asociación de comerciantes da Praza de Abastos colaboran no desenvolvemento dunha campaña de sensibilización sobre o aceite usado nos fogares, un material que ao marchar polo desaugadoiro pode provocar problemas de cheiros e avarías como custos de xestión nas depuradoras pola necesidade de tratamentos específicos.
O Concello de Ourense e o Colexio de Economistas de Ourense porán en marcha un servizo de asesoramento en diferentes ámbitos -laboral, fiscal, administrativo e financeiro- dirixido á cidadanía, ás persoas autónomas e ás pequenas e medianas empresas de Ourense afectadas pola crise orixinada pola COVID-19.
A semana pasada publicouse na sede electrónica do Concello de Ourense as Bases específicas reguladoras para a elaboración de listados de conserxes e edificios municipais.
As bases poden consultarse no Taboleiro da sede electrónica do Concello de Ourense ou seguindo esta ligazón [PDF]
As solicitudes para participar no proceso selectivo dirixiranse ao Sr. Alcalde do Concello de Ourense, e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense concedéndose un prazo de dez (10) días hábiles contados dende o día seguinte á publicación destas bases no taboleiro de anuncios do Concello de Ourense e na páxina WEB municipal.
O Concello de Ourense renovará o parque móbil da Policía Local coa adquisición de 14 vehículos e o do servizo de Extinción de Incendios cun novo furgón e un vehículo forestal autobomba. A xunta de goberno local avanzou na súa sesión desta mañá na adxudicación destes contratos, ao aprobar a ordenación decreciente das ofertas que diferentes empresas lle realizaron o Concello para estas subministracións.
O venres pasado, as 18.00 horas, foi o acto de acendido do alumeado de Nadal, no que Ourense inaugurará, da man do seu alcalde Gonzalo Pérez Jácome, o proxecto “máis ambicioso da súa historia”, que chegará a tódolos barrios da cidade. Tratouse dun acto austero, sen convocatoria da cidadanía, para evitar aglomeracións e facilitar así o respecto das medidas sanitarias vixentes.
O Concello de Ourense abre ao público dende hoxe a exposición “Reencontros e banalidades”, o proxecto fotográfico da ourensá Beatriz Durán, na sala III do Museo Municipal.
Será un Nadal atípico debido á pandemia da COVID-19: logo de descartar a celebración da tradicional Cabalgata de Reis para evitar aglomeracións na rúa, o Concello de Ourense ultimou un plan para o reparto de caramelos entre os nenos e as nenas menores de 12 anos. Despois de consultalo con diferentes autoridades escolares e sanitarias, os axudantes de Papá Noel e os paxes reais desprazaranse até os colexios da cidade -e non porta a porta, como se planeou nun primeiro momento- para entregar un 'paquete real' con doces en forma de agasallo para os máis pequenos.
Quere así o Concello manteren vivos o espírito e a maxia destas datas chegando á rapazada da cidade da forma máis segura posible, e malia a situación atípica que vivimos no eido sanitario e social, paliar a perda da organización da Cabalgata.
Porén, segue adiante o plan alternativo de emprazar os Reis Magos nun punto estático da cidade para que os pequenos poidan ir visitalos, falar con eles e entregarlles as cartas de última hora no Auditorio de Ourense.
O Museo Municipal presenta o catálogo da exposición colectiva 'Os nosos fondos', a colección de arte privada que custodia o Concello.
Co gallo de incentivar a participación da cidadanía na decoración de luces de Nadal, tanto en vivendas particulares como en locais comerciais, dedicados ao comercio ou hostalería, Ecourense UTE e Viaqua poñen en marcha senllos concursos, coa colaboración e asesoramento do Concello de Ourense, para contribuír a xerar un ambiente festivo na cidade.
O Concello de Ourense ingresou esta semana 1 millón de euros nas contas dos beneficiarios das axudas para autónomos afectados pola crise provocada pola pandemia da Covid19. As primeiras 500 persoas beneficiarias das axudas -de máis de 3.500 solicitudes aceptadas- xa dispoñen dos 2.000 euros na conta no momento de maior impacto da crise económica.
A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou, esta mañá, un convenio de colaboración para o Comedor Social de Cáritas Diocesana. Foi, ademais da adxudicación das obras da canceira, un dos 32 asuntos da orde do día.
O Concello executará as obras de reforma e adaptación da canceira municipal. En xunta de goberno local desta mañá adxudicouse a contratación destas obras que, cun custe de de 179.500 euros -IVE incluído- e un prazo de execución de cinco meses, servirán para realizar unha reforma integral das instalacións, que crecerán no seu lado sur, e adaptalas á normativa vixente.
O Concello de Ourense abrirá este xoves un segundo prazo de inscrición para as actividades dos Centros Cívicos para nenas e nenos. A inscrición dá dereito a participar tanto nas actividades que se desenvolven de luns a sábados durante todo o curso escolar, como ás especiais de Nadal 2020. O prazo de inscrición abrirase o xoves, 3 de decembro ás 9 horas e pecharase o mércores, 10, ás 24:00 horas.
O Concello de Ourense iniciou hoxe os pagamentos das axudas que concede este anos aos autónomos da cidade para apoiar a súa actividade, que se viu fortemente afectado pola recesión ocasionada pola pandemia da COVID-19.
A Concellería de Infraestruturas do Concello de Ourense iniciará, o próximo luns, 30 de novembro, obras de mellora e rehabilitación de firme en rúas dos barrios de San Francisco e A Carballeira.
A Comisión de Pleno do Concello de Ourense ditaminou favorablemente na súa xuntanza desta mañá catro expedientes que serán incluídos na orde do día do próximo pleno do Concello para a súa aprobación.
Dous deles son senllos convenios de colaboración entre o Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
O Concello de Ourense destinará como mínimo 11 millóns de euros en 2021 a unha nova liña de axudas, dirixida ao empresariado local dos sectores máis afectados pola pandemia. Así o acordaron por unanimidade os grupos políticos municipais na xuntanza que esta mañá mantiveron cos representantes da hostalaría local.
As restricións sanitarias pola COVID obrigaron a adialo en primavera, pero a vixésima edición da Correlingua volve mañá, venres, cun programa orientado a transmisión en redes desde espazos seguros.
As rúas Bonhome e Doutor Fleming serán obxecto de senllos proxectos de humanización por parte do Concello de Ourense. A xunta de goberno local aprobou na súa sesión desta mañá os expedientes para contratar a redacción dos dous proxectos.