As restricións sanitarias pola COVID obrigaron a adialo en primavera, pero a vixésima edición da Correlingua volve mañá, venres, cun programa orientado a transmisión en redes desde espazos seguros.
As rúas Bonhome e Doutor Fleming serán obxecto de senllos proxectos de humanización por parte do Concello de Ourense. A xunta de goberno local aprobou na súa sesión desta mañá os expedientes para contratar a redacción dos dous proxectos.
O Concello de Ourense sumouse á conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, cun minuto de silencio polas vítimas da violencia machista, polas asasinadas e polas supervivintes. Logo do minuto de silencio, foi o concelleiro de Política Social, Telmo Ucha, o encargado de ler a declaración institucional consensuada pola FEMP para a ocasión.
A Concellería de Educación do Concello de Ourense presenta, un ano máis, o certame infantil de debuxo Postal de Nadal 2020. Este ano está dirixido ao alumnado de 1º curso de Educación Primaria dos colexios da cidade.
ADQUISICIÓN XOGUETES CAMPAÑA DE REIS 2020
1. OBXECTO DO SUMINISTRO:
A adquisición de xoguetes da Campaña de Reis para a Concellería de Asuntos sociais, nas condicións que constan neste Anuncio (PDF)
Oito empresas optan a executar as obras de remodelación do campo municipal de hóckey de Mariñamansa. A mesa de contratación do concurso convocado polo Consello Municipal de Deportes (CMD) para adxudicar os traballos celebrou este mediodía unha xuntanza na que abriu as proposicións das 8 empresas que optan a realizar os traballos.
O Consello Municipal de Deportes do Concello de Ourense organiza unha San Martiño Virtual, coa que convida aos amantes do deporte a que contribúan a manter vivo o legado da carreira popular ourensá, a máis lonxeva de Galicia, neste ano 2020, no que a carreira non se poderá levar a cabo a causa da pandemia da COVID. A actividade recabará fondos para dous proxectos solidarios de Cruz Vermella e Cáritas.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, visitou esta mañá a rúa Arias Páez, no barrio da Milagrosa, onde o Concello executou o proxecto de mellora de accesibilidade por importe de 212.743,41 euros.
O mércores 25 de novembro arrinca unha nova edición, a quinta, do Ciclo Lírico de Ourense. Serán tres concertos temáticos, todos no Auditorio Municipal de Ourense, con comezo ás 20:30h, dentro dun programa variado, amplo e diferente. “Propostas para todos os gustos, para pechar os ollos e marabillarse ante a potencia da voz, xunto ao piano, ou outros instrumentos”, aseguran desde o departamento de Cultura.
Mércores 25, En terras alleas. O primeiro concerto terá como protagonista a música que deu a volta ao mundo. Neste ano no que se cumpre o quinto centenario da extraordinaria viaxe que demostrou que a Terra non era plana, capitaneado por Magalhães e Elcano, visitará a cidade o trío composto pola soprano Delia Agúndez, a viola de gamba de María Alejandra Saturno e Alicia Lázaro, co laúde. Gozaremos de músicas que foron desde a vella Europa á (nova) América e, enriquecidas, volveron. Porque, como todo, a música non para, está viva, muda e transfórmase con cada xeración.
Xoves 26, Os albores de lied. O segundo concerto levaranos ao centro de Europa, o berce da lírica, para escoitar os máis afamados lieds. A voz do baixo eslovaco Peter Keller, acompañado ao piano por Alejandro Picó-Leonís, porá en escena obras de compositores clásicos e imperdibles. Recordaremos o 250 aniversario do nacemento do mestre Beethoven e logo pasaremos a Schubert. Música imperdible, música inesquecible.
Venres 27, Homenaxe a NÓS. E para rematar esta edición do ciclo, deteremos a nosa viaxe na nosa terra, neste ano no que, tamén, conmemoramos o centenario da Xeración Nós. Como un acto máis en homenaxe, poderemos escoitar da voz de Nuria Lorenzo, mezzosoprano, acompañada ao piano por Alejo Amoedo, obras con textos de Pedrayo, Risco ou Cuevillas. Outros textos serán de Rosalía de Castro, Eugenia Osterberger ou Curros Enríquez. A noite, e o ciclo, rematará cunha estrea, un regalo de Juan Durán, premio Raíña Sofía de composición, “Tríptico rosaliano”, sobre poemas de Rosalía de Castro.
As entradas para o ciclo xa poden adquirirse a través da plataforma aTaquilla a un prezo de oito euros.
O Concello de Ourense deu por rematada a concesión de explotación de mobiliario urbano publicitario (mupis) e eliminará as máis de 120 pezas que se atopan instaladas nas rúas, parques e prazas da cidade. O pasado sábado, 21 de novembro, rematou a concesión outorgada en 2016 a unha empresa para explotar publicitariamente estes elementos e o Concello, tal e como anunciara o alcalde no mes de maio, non a renovará.
O Concello de Ourense desenvolverá a campaña informativa “Saúde e Protección Escolar Covid-19”. É unha iniciativa da Concellería de Educación dirixida a promocionar a saúde e resolver as dúbidas do alumnado de Educación Primaria e 1 º e 2º do Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) sobre a pandemia e o correcto uso das medidas de prevención e hixiene establecidas no protocolo escolar Covid 19.
O Concello de Ourense remodelará e humanizará a contorna do pavillón de Oira cun investimento de 358.992,42 euros. A xunta de goberno local aprobou na súa sesión o expediente para contratar a execución das obras, mediante procedemento aberto simplificado.
O Concello de Ourense aprobou a convocatoria e as bases xerais e específicas reguladoras para elaborar unha lista de persoas interesadas en participar no proceso de selección dun funcionario interino para cubrir o posto de médico psiquiatra da unidade asistencial de drogodependencias.
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, presentoulles esta mañá o Centro de Intelixencia Artificial (c.IA) aos grupos municipais con representación no pleno do Concello. Á cita acudiron Xosé Rúas, polo PsdeG-PSOE e José Araújo, en representación de Ciudadanos -e promotor desta sesión informativa-.
O Concello de Ourense, dende a Concellería de Infraestruturas promove a execución da obra de rehabilitación de pavimento na rúa Pena Nofre, cuxo orzamento é de 18.123,62 €. A actuación consistirá na reposición do firme existente mediante a colocación de empedrado de granito nunha superficie aproximada duns 234 m² e a reposición da sinalización horizontal.
O Concello de Ourense resolveu a convocatoria para a concesión de subvencións en especie para libros de texto, material escolar e comedores escolares correspondentes ao curso 2020-2021.
As xuntas de área do Concello de Ourense retomará a súa actividade esta semana. Será, concretamente o xoves, día 19 de novembro, cando se celebrarán as 5 xuntas de área, unha cada hora, desde as 9:00 horas.
O Concello de Ourense propón, para esta semana, unha axenda repleta de músicas de diferentes estilos e teatro para todas as idades.
O Concello de Ourense iniciará esta semana as obras de rehabilitación de firme en dúas rúas do barrio de Vistafermosa. Trátase das rúas Arco da Vella, cuxo comezo de obras está previsto para mañá, martes, 17 de novembro, e Entroido, cuxo comezo está previsto para este mércores, 18 de novembro.
O Concello de Ourense decretou xa, a día de hoxe, o pago de 1 millón de euros en axudas a autónomos. Son as primeiras 500 axudas que se conceden desta convocatoria. A día de hoxe están tramitadas, aprobadas e decretado o seu pago, que se producirá nos próximos días