Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Indicadores de Transparencia

Regulamento Orgánico do Goberno e Organización do Pleno e a Comisión de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense

A modificación do Regulamento Orgánico de Goberno e Organización do Pleno e da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións foi publicada o 1 de febreiro de 2020 no Boletín Oficial da Provincia.

O Capítulo III ''Das incompatibilidades e rexistro de intereses'' dice, , no seu artigo 18:

  1. Sempre que se produza algunha variación respecto do declarado deberá formularse unha declaración adicional no prazo dun mes dende o día no que se produxo, expresando as alteracións feitas.
  2. O prazo de presentacións das declaracións con ocasión do cese da Corporación será a partir do momento no que expire o mandato corporativo ata a data na que os concelleiros cesen no exercicio das súas funcións para a administración ordinaria. No suposto de renuncia dende a data de presentación do correspondente escrito ata que o Pleno municipal coñeza a mesma e declare vacante. Nos casos de perda da condición de concelleiro por decisión xudicial ou incompatibilidade, dende que se notifique ao interesado a resolución correspondente ata que a Corporación declare vacante.
  3. O prazo de presentación anual coincidirá co prazo de presentación da declaración do Imposto sobre a Renda.
  4. As declaracións publicaranse anualmente, durante a segunda quincena do mes de xullo.
  5. En aras da transparencia municipal publícase a seguinte información para o coñecemento dos cidadáns:
    • As bases de execución do orzamento municipal no que figure:
      • As retribucións dos membros da corporación (Alcalde, concelleiros, membros non electos da Xunta de Goberno Local e Directores Xerais.
      • As indemnizacións en concepto de asistencias a órganos colexiados (Pleno, Xunta de Goberno Local, comisións de Pleno e Xuntas de Área)
      • Dotacións económicas asignadas a cada grupo municipal.
    • A relación de todos os postos de persoal eventual coa indicación da súa adscripción.

E en virtude deste artigo e en aras da transparencia municipal ponse en coñecemento e aos efectos oportunos o seguinte:

  1. Retribucións dos membros da Corporación Municipal.
  2. Indemnizacións por asistencia a órganos colexiados (pdf). (Artigo 40 das Bases de execución do Orzamento 2012)
  3. Dotacións económicas aos grupos municipais (Artigo 41 das Bases de execución do Orzamento 2012)
  4. Relación dos postos de persoal eventual.
  5. Declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e actividades que proporcionen ou poida proporcionar ingresos económicos e declaracións sobre bens e dereitos patrimoniais.