Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Boletín Oficial da Provincia publica o 9 de outubro as bases xerais para as convocatorias de subvencións do custo económico da realización dos informes da Inspección Técnica de Edificios

O Concello de Ourense vén de abrir un prazo de presentación de solicitude de subvención para cubrir os honorarios das Inspeccións Técnicas de Edificios. As bases da convocatoria, publicadas no BOP do 13 de Outubro, especifican que as axudas poden chegar até o 50% do custe da elaboración do informe técnico, ou un máximo de 200 euros. Esta liña de axudas municipais, para a que hai destinadas un total de 25.000 euros, está orientada para persoas con escaseza de recursos económicos, polo que a súa conta de ingresos non pode superar o 2,5 do Iprem: é dicir, non máis de 1.331,27 euros ao mes de ingresos da unidade familiar.

Ademais, hai unha serie de requisitos para conceder as axudas: a ITE ten que ser favorable -haberá que acreditar a súa presentación no Concello a través da folla de Rexistro Xeral-. A vivenda ten que ser a residencia habitual do propietario e figurar como empadroado nela. O propietario, pola súa parte, tampouco poderá ter ningunha outra propiedade de uso residencial dentro do termo municipal.

O prazo para solicitalas remata o vindeiro 14 de novembro.

Documentación anexa

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.