Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense abriu hoxe o prazo para solicitar axudas para a rehabilitación de vivendas e espazos comúns no Centro Histórico (17ª fase) e no Núcleo Etnográfico de Seixalbo (12ª fase) dentro de programa das Áreas de Rehabilitación e Rexeneración Urbana (ARRU), un programa do Ministerio de Fomento, o Instituto Galego de Vivenda e Solo e o Concello de Ourense.

Dentro desta convocatoria, que se manterá aberta por espazo dun mes [desde o 28 de maio até o 28 de xuño], entran actuacións de execución de obras ou traballos de mantemento e intervención nas vivendas unifamiliares e nos edificios, mesmo no interior das vivendas. Así, están incluídas as actuacións de instalación de ascensores ou outros medios técnicos que resolvan a mobilidade vertical na edificación; adecuación do acceso para as persoas con discapacidade; das condicións de protección fronte a incendios; salubridade; elementos de estanquidade fronte á choiva; habitabilidade das vivendas; seguridade estrutural; canalizacións; sistemas de aforro enerxético; mellora da eficiencia enerxética; illamento térmico e illamento acústico, etc.

A principal novidade desta convocatoria é que se poden solicitar axudas para vivendas deshabitadas.

A contía das axudas é de 245.500 euros no Centro Histórico de Ourense, e de 87.200 euros no núcleo de Seixalbo. En total, 332.700 euros. O procedemento será mediante concorrencia non competitiva, de acordo co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia.

As bases completas e o modelo de solicitude está dispoñible na sede electrónica do Concello de Ourense: [Enlace]

Outros ARRUS. Ademais da convocatoria para os ARRUS do Centro Histórico e de Seixalbo, o Concello prorroga tamén durante tres meses o prazo para pedir axudas para a rehabilitación nos ARRUS de Carballeira, Polvorín e Camelias e no de Cruceiro Quebrado, A Inmaculada e San Mamede.

Máis información, no Servizo de Rehabilitación, VPP e Peris, na rúa da Primavera ou no teléfono 988 366 235.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.