O Concello de Ourense abre unha convocatoria para elaborar unha listaxe de traballadores sociais interesados en posibles nomeamentos como funcionarios interinos do Concello polas circunstancias contempladas no artigo 10,1 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público.
O prazo para a presentación de instancias remata o día 30 de setembro de 2020. Os requisitos e o sistema de valoración encóntranse regulados na Convocatoria e Bases específicas reguladoras para creación de listados de traballadores/as sociais, funcionario/a interino/a do concello de Ourense publicadas no taboleiro de anuncios do Concello, que se poden consultar aquí:
Os funcionarios interinos son os que, por razóns xustificadas de necesidade e urxencia, son nomeados para o desenvolvemento de funcións propias de funcionarios de carreira, por existencia de prazas vacantes, substitucións transitorias, execución de programas de carácter e temporal ou por exceso ou acumulación de tarefas.