Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense incorporou hoxe 13 novos traballadores, na categoría de técnicos de administración xeral, que “axudarán a desatascar o concello e a que todos os trámites flúan máis rápido”, en palabras do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome. Esta mesma mañá compareceron baixo a supervisión do concelleiro de Persoal e Recursos Humanos, Armando Ojea, e foron recibidos polo alcalde.

Trátase dun programa de funcionarios interinos ou “por programa”, é dicir, os novos traballadores son contratados para un determinado traballo por un tempo delimitado. Neste caso, a súa primeira tarefa será axudar na tramitación de solicitudes das axudas aos autónomos no Centro de Iniciativas Empresariais, pero desenvolverán o seu labor en diferentes departamentos municipais. Na súa maioría, estes traballadores contan cun perfil específico: xurídicos e economistas.

O alcalde de Ourense valora moi positivamente esta contratación: “Entran todos de golpe e con moita transparencia”, afirma. “A convocatoria foi pública e publicitada nas canles correspondentes”, e a ela presentáronse máis de 150 aspirantes.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.