Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Este órgano colexiado e paritario está formado por catro representantes do Concello como empresa e polos catro delegados de prevención que se escollen de entre os representantes dos traballadores. Está presidido pola concelleira delegada de Persoal e Recursos Humanos, Flora Moure. O Comité de Seguridade e Saúde reúnese cada 3 meses. Nunha sesión que se prolongou desde as 10 ata as 13:30 horas, abordáronse cuestións como:

  • Estatística de accidentes: Presentouse un informe sobre a accidentalidade desde xaneiro ata outubro de 2016 onde se reflicten os accidentes con baixa e sen baixa ocorridos no período, xunto coa evolución dos mesmos e a súa comparación coa media do sector. Apréciase que o índice do Concello é un pouco superior ao doutras administracións que teñen un maior peso de persoal administrativo, mentres ca no Concello intégranse tamén traballadores en áreas con máis accidentabilidade como a Policía Local, os Bombeiros ou a xardinería. De feito, en torno á metade dos accidentes no Concello afectan a traballadores de Policía Local e Bombeiros. A sinistralidade tamén se presenta segundo diversos factores como xénero, idade, antigüidade na empresa e lugar do accidente ou a rexión anatómica.
  • Modificación do Plan de Prevención. Aprobouse a modificación do Plan de prevención de riscos laborais, que se levará proximamente a Xunta de Goberno Local, dado que procedía adaptalo aos cambios lexislativos producidos nos últimos anos, xa que o orixinal data de 2006.
  • Niveis de protección do persoal de bombeiros. Aprobouse un documento de niveis de protección do persoal de bombeiros, que indica o equipamento que deben utilizar segundo o tipo de intervención á que fagan fronte. Tamén se levará a Xunta de Goberno para a súa aprobación definitiva.
  • Aprobación definitiva dun procedemento para a loita contra o acoso laboral de cara a evitar posibles situacións deste tipo dentro da administración.

Documentación

Informe sobre estatísticas de accidentes (pdf)

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.