Esta petición fundaméntase nas queixas cidadás recibidas no Concello, así como nalgunhas conclusións extraidas da campaña de sensibilización e Seguridade Viaria desenvolvida conxuntamente entre o Concello e Stop Accidentes. Estas conclusións sinalan que unha das causas polas que os peóns cruzan en vermello os semáforos é porque consideran que o tempo de espera é desproporcionado con respecto ao delimitado para os vehículos. Isto, unido ás presas, provocan actos imprudentes como cruzar en vermello que poñen en risco a propia seguridade dos peóns.
Ademais, tamén se delimitará a 30 km/hora as rúas próximas aos parques con gran afluencia de rapaces e familias, algo para o que xa se encargou un estudo pormenorizado aos técnicos municipais.
“O obxectivo deste Goberno Municipal é pacificar o tráfico e dotar de mellores mecanismos de mobilidade á cidade de Ourense, primando sobre todo a seguridade das persoas”, sinala o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos.