Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Xunta de Galicia e Concello de Ourense colaborarán na mellora da eficiencia enerxética do edificio da Policía Local froito dun convenio que subscribirán ambas institucións a través da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O seu titular, Alfonso Rueda, visitou a sede deste corpo na rúa Victoria Kent acompañado polo alcalde, Jesús Vázquez. O rexedor agradeceu “a man tendida do goberno autonómico sempre que desde o Concello lle planeamos proxectos de mellora para as instalacións municipais”.

Mediante este convenio acometeranse obras por un importe de 59.965,17 euros (dos que un 20% serán achegados polo Concello) para optimizar a eficiencia enerxética neste edificio.

“Somos coñecedores, logo de diversas reunións cos mandos deste corpo policial”, avanzaba Vázquez Abad, “das deficiencias que presenta este edificio: humidades, entradas de augas por falta de permeabilización, desconchados na pintura, filtración de aire, gretas, problemas na apertura do portón automático de acceso ao rocho, desprendemento de pezas cerámicas da fachada por filtracións de auga que tamén provocan problemas de illamento, fallos no alicatado dos vestiarios, mala ventilación nos aseos...”

Para a mellora da eficiencia enerxética do edificio, a memoria do proxecto propón a instalación dun sistema electromecánico para a automatización da porta de acceso principal, xa que se atopa aberta a maior parte do día, provocando unha redución enerxética.

Alfonso Rueda, que estivo tamén acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, destacou a importancia da colaboración entre Administracións, como ocorre co concello de Ourense, que repercuten directamente en “poder ofrecer máis e mellores servizos aos ourensáns, cunha frutífera colaboración, que nos últimos anos se ten reflectido na posta en marcha do edificio xudicial, cedido polo Concello e executado pola Xunta; na continua colaboración no Centro de Información á Muller; ou nas obras de rehabilitación da casa do concello, nas que tamén a Xunta ten feito un importante investimento para colaborar en varias melloras”.

Até o de agora, a relación do Concello coa Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza plasmárase en dous convenios que supuxeron máis de 100.000 euros de achega: un para reformar a segunda planta da Consistorial, e o outro para mellorar o illamento das fiestras, contribuíndo significativamente a mellorar a eficiencia enerxética do Concello.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.