Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello


Ourense, 24 de maio de 2018.

Os Bombeiros de Ourense organizarán este sábado unha xornada de portas abertas especialmente destinada para que os máis novos coñezan en vivo o traballo deste corpo e dos demais servizos de emerxencia que operan na cidade. Ademais, a cita ofrecerá a quen así o desexe a oportunidade de colaborar co Banco de Alimentos.

A actividade terá lugar entre as 10,00 e as 13,00 horas nas instalacións do Parque de Bombeiros, xunto ao Campo da Feira. Será unha xornada didáctica para que a rapazada coñeza a labor dos bombeiros, pero tamén da Policía Nacional, Autonómica, Local, Garda Civil, 061 e Protección Civil.

Por este motivo, tamén se contará coa presenza de membros dos diferentes corpos de seguridade que traballan en Ourense.

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos, anima aos ourensáns a “coñecer de primeira man cómo é o traballo que desenvolven os nosos bombeiros e profesionais da Seguridade” e destacou a súa “especial sensibilidade e formación para resolver calquera tipo de actuación”.

Tamén considera que “ademais de ser unha boa oportunidade para coñecer como actuar en casos de emerxencia, é unha ocasión moi boa para colaborar co Banco de Alimentos de Ourense e axudar aos que máis o necesitan”.

Os visitantes poderán coñecer como é o día a día dos bombeiros e como se coordinan con outras forzas de seguridade no caso de que sexa necesario. Visitarán as instalacións, como a sala de telefonía onde se reciben as chamadas, e tamén poderán ver e subirse nos coches de bombeiros.

Asemade este ano haberá sorpresas no exterior do recinto, como unha actividade coa que se pretende que os asistentes aprendan como actuar no caso de que vivan unha situación de emerxencia.

Este é o segundo ano que se organiza esta actividade, tras o éxito da pasada edición onde os bombeiros recibiron a preto de 2.000 persoas. Dende a organización se informa de que os menores deberán estar acompañados por unha persoa maior.

Este ano a cita tamén ten unha vertente solidaria ao ofrecer a oportunidade de colaborar de forma voluntaria co Banco de Alimentos de Ourense, facendo entrega de comida non perecedoira.

A organización se recollerá o material que se lle entregue para doalo ao Banco de Alimentos, que destacou a demanda dos seus usuarios por potitos para bebés, leite e leguminosas.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.