Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Ourense entregou un total de 60 caixas con alimentos non perecedoiros, máis 40 caixas (con 6 botellas) de leite e máis 70
botellas de aceite, recollidas de forma voluntaria e desinteresada, no Banco de Alimentos de Ourense. Nesta campaña tamén están recollendo xoguetes e roupa (30 caixas) que lle foron entregados a Cáritas Ourense.
A iniciativa, que naceu de forma absolutamente voluntaria por parte da AVPC de Ourense, está sendo secundada por moitos ourensáns, e permanecerá aberta até o 4 de xaneiro, data na que procederán a facer unha segunda entrega de todo o recollido, incluíndo excedentes dunha coñecida cadea de súpermercados (Mercadona) e doutras empresas que se adheriron á iniciativa.