As obras de acondicionamento da rúa Marcelo Macías fan preciso implementar desvíos de circulación de vehículos neste vial. Mentres se acometan as actuacións, manterase o sentido de entrada á cidade e desvíase o tráfico de saída no primeiro treito da rúa Marcelo Macías, que dispón de tres carrís. Así, continuarán en servizo dous carrís para os dous sentidos e restrinxirase o outro carril como zona de traballo. Os vehículos lixeiros desviaranse por unha vía paralela e os autobuses disporán doutra alternativa sinalizada coa fin de facilitarlles as manobras correspondentes.
As obras son realizadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, cun investimento de 1,7 millóns de euros, dos que o Concello achega un 30%.
Esta actuación, cun prazo de execución de 12 meses, consistirá na renovación do firme e dos servizos, así como na mellora das beirarrúas ao longo de 1,3 km. A intervención aproveitarase para facer labores de mantemento no viaduto sobre o río Barbaña, que se dotará de iluminación singular e traballarase na accesibilidade peonil. Tamén, no referente aos servizos, se renovarán as redes de abastecemento, saneamento e as de alumeado. Ademais a actuación inclúe o reforzo da seguridade viaria coa instalación de pasos de peóns con iluminación específica.
Tamén haberá cambios na ruta dos autobuses urbanos.
DOCUMENTACIÓN GRÁFICA
- Plano sobre desvíos de tráfico de vehículos na rúa Marcelo_Macías_desvío_vehículos (JPG)
- Plano sobre cambio na ruta dos autobuses urbanos Marcelo_Macías_desvío_autobuses (JPG)