Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense adquirirá un novo vehículo para reforzar o servizo municipal de Extinción de Incendios e Salvamento. A xunta de goberno local aprobou na súa xuntanza desta mañá o expediente de contratación para a subministración deste vehículo, ao que destinará un investimento de 186.295 euros.

Segundo se concreta no expediente, será un vehículo tipo furgón, que de destinará a varios tipos de tarefas e actividades e un remolque con material NRBQ para intervención en accidentes con mercadorías perigosas con risco nuclear, radiolóxico, bacteriolóxico e químico.

Con esta adquisición, o goberno municipal pretende avanzar na dotación ao servizo de bombeiros municipal dos medios axeitados para cumprir as súas funcións, neste caso incorporando un vehículo furgón equipado coas ferramentas apropiadas e suficiente espazo libre para o transporte de material de apoio ás intervencións.

Ademais deste, a Xunta de Goberno Local abordou na súa xuntanza desta mañá outros 20 expedientes de diferentes áreas e servizos municipais.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.