Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O recinto feiral de Expourense acolleu esta mañá o acto de presentación das distintas actividades de Educación Viaria, Prevención e Seguridade para o próximo curso escolar 2016-2017, dirixidas a máis de 5000 alumnos e alumnas.

Nesta apertura participaron o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, así como os concelleiros Carlos Campos e Belén Iglesias. Tamén estivo presente o director provincial de Tráfico, David Llorente.

Participarán o alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria, e realizaranse ao longo do ano nas aulas, nos patios de diferentes centros de ensino, nas rúas, na aula de formación e no circuito viario instalado no Parque Infantil de Tráfico en Expourense.

Este curso o Concello de Ourense conta con 30 centros da cidade inscritos e varios centros da provincia.

Un total de 3.000 alumnos e alumnas dos diferentes centros da cidade interesados en participar específicamente nas actividades do Parque Infantil de Tráfico e 1.950 alumnos/as no resto das actividades de Educación Viaria como son: Semana Europea da mobilidade, Visitas a Policía Local e as Charlas de Primeiros Auxilios, asi como a participación aberta para aqueles centros que desexen participar nas distintas Campañas que nos ofertan distintas institucións (DGT, RACE, RACC…ou asociacións (PAT Galicia e STOP Accidentes…) e que se desenvolverán en horario escolar e extraescolar.

O centro participante neste primeiro día da apertura do Parque Infantil de Tráfico foi ó CEIP O COUTO co alumnado de 6º de Educación Primaria, dándolle continuidade as actividades con outros centros de ensino ata o mes de xuño.

Así mesmo, os monitores do Parque Infantil de Tráfico prepararán en horario extraescolar ao alumnado que participará no XIX Concurso Provincial de Educación Viaria que se celebrará nos meses de maio e xuño.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.