Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense dotou de nova sinalización horizontal as prazas de aparcamento da rúa Francisco Añón Paz, no barrio de Vistafermosa, incorporando un novo sistema denominado “espiga invertida” elixido pola súa idoneidade para este espazo, caracterizado por un alto nivel de uso pola proximidade de vivendas e locais de hostalaría.

Ata a data, as prazas de aparcamento en Ourense estaban pintadas para aparcar en liña ou en batería, co eixo frontal cara á beirarrúa. Porén, os técnicos municipais, a proposta do concelleiro de Seguridade Telmo Ucha, implantaron este sistema xa coñecido noutras cidades. Os vehículos aparcan ao contrario que en batería: marcha atrás cara ás beirarrúas. Isto esixe sinalizarlles antes a manobra aos que circulan detrás, para deixar o coche coa parte dianteira no sentido da circulación.

A nova sinalización dota tamén espazos de aparcamento no carril de central, neste caso para entrar de fronte, co que o condutor sempre ten visible o carril de peóns que comunica cos pasos peonís. Telmo Ucha solicitou adoptar esta medida aproveitando as obras que o Concello está a realizar no barrio. Explica que este tipo de aparcamento xera moitas vantaxes: “os vehículos que retoman a marcha desde os aparcamentos laterais teñen mellor visibilidade no sentido da circulación, evitando accidentes e atropelos cando se dá marcha atrás."

Tamén para descargar o maleteiro, que quedará case sempre xunto á beirarrúa, non na estrada, e fai máis segura a baixada dos nenos do coche, pois terán o freo das portas para camiñar sempre cara á beirarrúa, sen o perigo de que saian á vía de circulación. Tamén supón, engade Ucha “un aforro de superficie do 10% en cada praza polo tipo de manobra necesaria”.

Ademais, hai zona para motos e prazas reservadas para persoas con discapacidade, todas amplas e seguras.

En todo caso, “o prioritario non é a cantidade, senón a calidade”, advirte o concelleiro de Seguridade: "de pouco vale ter moitas prazas se é imposible baixarnos do vehículo unha vez estacionado, como ocorre ao final de Valle Inclán”, un lugar onde, avanza, “haberá que tomar de inmediato medidas para corrixir o seu pintado".

O Concello realizou os traballos de pintado a pasada fin de semana en horario nocturno para ocasionar as menores molestias posibles. Durante estes días "rebaixaranse as beirarrúas, acabarase de pintar, habilitaranse os espazos de cargas e descargas para gozar do barrio e da súa contorna sen a preocupación nesta fermosa e tranquila parte da cidade."

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.