Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O servizo de Bombeiros do Concello de Ourense conta desde hoxe cun novo equipo de excarceración de altas prestacións. O concelleiro de Seguridade Cidadá, Armando Ojea, e o xefe do servizo de Bombeiros, José Benito Álvarez, asistiron esta mañá á entrega da nova unidade, subministrada pola empresa Incipresa, que supuxo un investimento de 75.533,05 euros por parte do Concello. O equipo incorpora as máis modernas prestacións do sector, que permitirán reforzar a seguridade, axilidade e eficiencia nas intervencións de rescate que realizada o corpo de bombeiros, ao tratarse dunha ferramenta que destaca por ser moi compacta, lixeira e potente.

Trátase dun equipo de rescate hidráulico da marca Holmatro composto por unha bomba a motor, unha bomba manual, tres mangueiras hidráulicas, dúas cizallas hidráulicas, un separador hidráulico, dous cilindros telescópico, un soporte para cilindro, un conxunto de puntais en “V”, un conxunto de bloques e cuñas, elementos protectores e ferramenta de serrado.

O xefe de servizo de Bombeiros, José Benito Álvarez, destacou a incorporación deste equipo de altas prestacións, pois era “moi necesario”, destacando que é unha unidade “máis lixeira e con moitísima máis potencia de corte e de separación”, unhas características que, ao seu xuízo, •”fan máis segura a intervención” dos bombeiros. Subliña tamén que esta adquisición dá resposta á necesidade de dispoñer de equipos adaptados á evolución do sector dos vehículos “que utilizan materiais cada vez máis lixeiros e resistentes, polo que fan falla ferramentas con moita máis forza para poder cortar”.

A próxima incorporación ao parque será a dun equipo de busca e de rescate, pensado para intervencións en estruturas colapsadas, e dotado con microcámaras óptica e térmica e sensores de movemento. A subministración está aprobada e o equipo será recibido proximamente no corpo de bombeiros.

Miguel Ángel Álvarez, representante da empresa subministradora Incipresa, resumía as principais características do equipo: “gran potencia, moi lixeiro, moi compacto, e que proporciona unha gran seguridade e ergonomía cara o bombeiro”, subliñando a importancia de dispoñer de equipos como este que deben ter “unha vida útil longa e adaptarse e adiantarse aos avances do sector, para poder rescatar ás vítimas dunha forma rápida, áxil e eficiente”. Neste caso, destaca que “se duplica a potencia das ferramentas, e se baixa en 4 ou 5 quilos de peso por cada ferramenta”, dato especialmente relevante en intervencións, como as excarceracións. 

O concelleiro de Seguridade Cidadá, Armando Ojea asegurou que “estamos contentos de que se incorpore este novo equipo, con todas as novidades e melloras técnicas e unhas características de vangarda”. Neste sentido avanzou que desde o Concello “trataremos de seguir incorporando o material máis moderno e efectivo para que os bombeiros podan desenvolver o seu traballo”, xunto coa incorporación de novos bombeiros “tratando que sexa canto antes posible”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.