Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense saldará a débeda moral que a cidade tiña con Daniel Vázquez-Gulías e proporá a incoación dun expediente de honra para recoñecer a figura e o legado do arquitecto ourensán (nado en Beariz). Así llo comunicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, aos membros da directiva da Fundación Vázquez-Gulías.

Asimesmo, a fundación tamén remitirá diversas peticións neste senso remitidas por diferentes colectivos para fundamentar este expediente. Deste xeito, en virtude do artigo 20.1 do Regulamento de Honores do Concello de Ourense, o alcalde propón a incoación do expediente de honra. Este expediente conlevará unhas conclusións, que serán as que sexan votadas en pleno, e nelas se especificarán as honras adicadas ao arquitecto, co fin de poñer en valor o seu legado e devolverlle o esplendor modernista co que foi concebido.

Na reunión desta mañá tamén se puxo de manifesto que o Concello de Ourense colaborará nunhas xornadas culturais para poñer en valor e dar a coñecer a obra de Vázquez-Gulías na cidade.

Son moitas as decenas de edificios que construíu en Ourense o arquitecto durante os primeiros anos do século XX. Algunhas mantéñense en pé, con exemplos situados na avenida de Pontevedra, o Santo Ángel, o palco da Alameda, ou na rúa do Paseo, e son transitadas cada día por persoas que non saben quen debuxou os planos dos pisos e escaleiras que percorren. Moitos edificios -o Hotel Roma ou a Casa de Baños son un bo exemplo- viven só na memoria colectiva e gráfica.

“Ourense tiña unha débeda histórica, cultural e moral con Daniel Vázquez-Gulías, e coa apertura deste expediente de honra a cidade pretende devolverlle ao arquitecto unha parte do esplendor que a súa obra lle deu á nosa cidade”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.