Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O escritor Carlos Casares terá un roteiro na cidade de Ourense para contribuír ao coñecemento e ao diálogo co autor e a súa obra. Estará composto por 20 placas de cerámica que fan un percorrido pola vida e a obra do escritor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

O roteiro presenta “Ourense coma o grande marco de referencia das obras de Casares, pero serve tamén como merecida homenaxe de todos os veciños para elevalo ao universo literario de Lamas Carvajal, Otero Pedrayo, Risco, Blanco Amor, Valente…”, dicía o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Non en van, Casares “é fillo predilecto desde o ano 2003”, lembraba o rexedor.

Cada unha das placas -18 no núcleo urbano e outras en Castro de Beiro e no Seminario, facendo alusión a etapas da súa vida- está ineludiblemente vencellada aos fitos culturais da cidade e aos seus persoeiros: aparecen Risco, a xeración dos "artistiñas", Blanco Amor ou as tertulias do Liceo “un lugar que consideraba a súa segunda casa”, en palabras de Alfonso V. Monxardín, autor do roteiro.

Trátase da “primeira de moitas actividades pública que presentamos do ano Casares”, explicaba Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, quen salientou que estivese dirixido ao ámbito educativo e do profesorado. Así, o primeiro percorrido deste roteiro será o vindeiro 18 de febreiro coa presenza dun cento de profesores.

Ourense, cidade literaria

Porén, o roteiro servirá para potenciar o destino Ourense como cidade literaria en conexión con outras realidades (termal, patrimonial, gastronómica...), un reclamo turístico máis nunha cidade que xa conta con outro roteiro literario, o de A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Así, xunto coas 20 placas editaranse tamén un total de 2.500 folletos explicativos da vida e da obra de Carlos Casares, que se engadirán á oferta educativa e turística da cidade de Ourense.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.