Ourense contará cun centro de atención ás persoas con discapacidade atendendo ás demandas dos pais. Este compromiso firme, anunciado o venres 27 de xaneiro polo presidente da Xunta, Alberto Núlñez Feijóo, trala súa audiencia co alcalde de Ourense, suporá un importante investimento para a cidade cun servizo que beneficiará a toda a provincia.
Jesús Vázquez agradece expresamente o compromiso adquirido pola Xunta con Ourense: o de facer un novo proxecto para un centro de atención ás persoas con discapacidade, baseado no novo plantexamento solicitado polas familias. A Xunta ten o compromiso de seguir fielmente as demandas que plantexan os pais para executar o centro conforme a esa demanda, e por eso xa solicitou formalmente ao Concello e a Deputación os terreos necesarios para poder acometer esta infraestrutura, comprometida nos orzamentos da Xunta deste ano.
"Agora tócanos a Ourense facer os deberes para que este compromiso firme sexa unha realidade", sinala o rexedor ourensán, quen reitera tamén que "o diálogo sigue a ser a clave para o desbloqueo dos proxectos que afectan á cidade. Coa confrontación constante e o ruido só se consigue enredar, pero en ningún caso desbloquear os asuntos importantes para esta cidade", conclúe Jesús Vázquez