Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense pon a disposición dos cidadáns a aplicación para teléfono móbil Ourense Colabora, unha nova canle de comunicación para informarnos de todas as incidencias que considere oportunas. Dispoñible para descargar, de balde, en calquera teléfono intelixente (tanto Android coma IOs ), “é unha forma de atender dunha forma máis eficaz as demandas dos nosos veciños”, explicaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a súa presentación: “Tanto para que os cidadáns poidan canalizar as súas queixas como para que o Concello poida identificar incidencias alá onde os nosos ollos, a nosa acción, non chega”, dixo.

Ourense Colabora ten unha presentación moi sinxela. Permite identificar a queixa de entre unha lista das incidencias máis comúns -tamén hai un apartado para 'outras'- e engadirlle á queixa fotografías (ata un máximo de cinco) para ilustrala mellor. A mensaxe é recibida no Concello, que se encarga de notificarlla ao departamento oportuno. A partir de aí, a aplicación permítelle saber ao cidadán en que estado se atopa a súa reclamación e, finalmente, contactar de novo con el para informalo da súa resolución.

“Este é un paso máis na procura de transparencia na xestión e na participación e interacción cos cidadáns”, salientaba Vázquez Abad na presentación, lembrando a recente entrega do título de segunda cidade máis transparente de Galicia.

Nese mesmo sentido se manifestaba o concelleiro de Sistemas de Información, Jorge Pumar: “Esta aplicación permítenos facer unha administración máis cercana, máis accesible e máis transparente”. Na presentación tamén tomou a palabra o concelleiro de Participación Cidadá, Carlos Campos, que cualificou a ferramenta como “moi útil e transversal” na comunicación cos veciños e coas diferentes asociacións de veciños.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.