Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Julián Pardinas, fiscal delegado de Violencia de Xénero en Ourense, foi galardoado co XI Premio Clara Campoamor á Igualdade de Oportunidades que entrega a Concellería de Igualdade “pola súa traxectoria no ámbito do servizo contra a violencia de xénero”.

O xurado desta undécima edición destacou del “a implicación diaria coas mulleres vítimas de violencia, sendo recoñecido por todo o seu entorno, a súa humanidade, servizo implicado e sensibilidade cara as vítimas”, segundo se recolle na acta, “moitas veces máis alá do que o seu posto require”.

Julián Pardinas Sanz, ademais do seu labor á fronte da Fiscalía -que levou a cabo 1.068 procedementos xudiciais, un 12% máis que en 2015-, foi recoñecido polo Ministerio de Justicia coa Cruz Raimundo de Peñafort ou a Cruz do Mérito da Guardia Civil.

Xunto a Pardinas, houbo 3 finalistas máis: María José Ordóñez, delegada da Subdelegación do Goberno para a Violencia de Xénero; Sonia Albor, representante da Marcha Mundial das Mulleres; e Carla García, subdirectora do Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar.

O xurado

O xurado desta edición estivo composto por Felipe Ferreiro, presidente de Cruz Vermella Ourense, en representación do ámbito social da igualdade de oportunidades; Mª Jesús Vázquez Fernández, xefa de negociado da Concellería de Igualdade, actuando como secretaria; Maria Elena De Jesús Rodríguez, directora do CIMM; María José Corredoira Rico, do sindicato CC.OO., en representación do Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes; Alejandro Pérez Garrido, do Ilustre Colexio de Avogados/as de Ourense, en representación da Comisión de Investigación e Seguemento da violencia exercida contra as mulleres; e Sofia Godoy, concelleira de Igualdade.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.