A comisión técnica está integrada por representantes dos os grupos políticos con representación no Concello de Ourense (o concelleiro José Araújo, por parte do Partido Popular, Manuel Álvarez, de Democracia Ourensana, Juana Ageitos do Partido Socialista, e Martiño Vázquez, de Ourense en Común), ademais de por técnicos das áreas de Medio Ambiente e Infraestruturas e as representantes da Consultoría de Arquitectura e Urbanismo Urba+, autoras do plan inicial.
Coa constitución deste órgano ábrese un proceso de participación cuxo primeiro acto será o de informar á Mesa da Mobilidade dos pasos á seguir neste camiño, no que se quere implicar aos diversos e heteroxéneos axentes sociais, para mellorar a calidade ambiental, pacificación do tráfico, mobilidade, accesibilidade e integración da bicicleta na cidade de Ourense.