O Concello de Ourense, en sesión plenaria do día 3 de marzo do ano 2017, acordou, por unanimidade, aprobar a incoación do oportuno expediente de honra a favor de Daniel Vazquez Gulías Martínez, arquitecto modernista que contribuíu á transformación da nosa cidade co seu legado, nomeando xuíz instrutor para as dilixencias o concelleiro de Urbanismo, D. José Jesús Cudeiro Mazaira, e secretaria a funcionaria do Concello, Dª. Mª Inés Castro Varona.
De conformidade co sinalado no artigo 18 do Regulamento de Honores e Distincións deste Concello, ponse de manifesto o expediente por un prazo de trinta días, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, ao obxecto de sometelo a información pública na que poderán comparecer cantas persoas o desexen para constatar os datos, notas e xuízos que procedan, de conformidade coa proposta dar fe da xustificación de merecementos coas informacións en orde ao fidedigno testemuño de servizos, feitos e actuacións.