Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense agradece a firme aposta da Xunta pola cidade, co gran proxecto do primeiro “Ecobarrio” de España en A Ponte. Esta iniciativa, traballada desde hai meses desde o Concello en colaboración coa Xunta e especialmente coa Consellería de Industria, situará a Ourense á vangarda dos concellos sustentables e eficientes

Logo da reunión do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cos comisarios de Enerxía e Clima, e de Investigación, Ciencia e Innovación, respectivamente, o presidente autonómico anunciou que o Goberno Galego desenvolverá en Ourense o primeiro “Ecobarrio” de España, que permitirá facer máis sustentables e eficientes os concellos galegos no horizonte 2020. Este proxecto, radicado no barrio de A Ponte, favorecerá o aforro enerxético de 20.000 veciños e de 35 edificios públicos.

Anteproxecto para o mes de xuño

Ante este anuncio, do que a Xunta está a elaborar o anteproxecto co fin de presentalo no mes de xuño, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, agradece a aposta firme e decidida da Xunta, e concretamente da Consellería de Industria, pola cidade, situándoa na vangarda da sustenbilidade e da eficiencia enerxética.

Jesús Vázquez salienta que “este esforzo da Xunta de Galicia a prol da nosa cidade é unha aposta sen precedentes, estando en disposición de atraer inversións millonarias que suporán un antes e un despois na historia de Ourense”. Ademáis, o alcalde ourensán relata que neste proxecto levan traballando desde hai meses o Concello e a Xunta de xeito coordinado, “pois ambas institucións temos claro que as melloras para a cidade son irrenunciables, e sobre todo nun campo no que temos un enorme potencial, como é o da xeotermia”.

Por último, o alcalde da cidade salienta que “este proxecto suporá unha inversión millonaria, beneficiará a milleiros de familias ourensás e situará a Ourense como un referente único a nivel internacional”

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.