Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello, a Xunta e o Ministerio de Fomento acordaron iniciar nos próximos días a tramitación urbanística conxunta do proxecto da estación intermodal de Cidade das Burgas. O alcalde, Jesús Vázquez; a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez; o secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Fomento, Manuel Niño, e representantes de Adif, mantiveronunha reunión no marco da comisión de seguimento do acordo sobre a estación intermodal de Ourense, co obxectivo de pechar as cuestións técnicas pendentes para abrir o procedemento administrativo.

O alcalde, Jesús Vázquez, sinalaba ao termo da reunión que “acabamos de dar un paso moi importante, cuantitativo e cualitativo, para impulsar de forma definitiva a estación intermodal”.

Unha vez recibida a documentación do anteproxecto no Concello (que deberá emitir un informe tras sometela a exposición pública), o Goberno Municipal convocará á Comisión de Seguimento municipal, cos grupos políticos e os organismos que a integran, para ofrecer toda a información respecto ao proxecto.

A estación intermodal de Ourense comprende a nova terminal de autobuses integrada na terminal ferroviaria, un aparcadoiro subterráneo, a adaptación da estación de ferrocarril e elementos de conexión entre barrios. Ao tratarse dunha infraestrutura non recollida nas normas urbanísticas en vigor actualmente en Ourense, as tres administracións acordaron o pasado mes de febreiro tramitar o proxecto de forma conxunta a través da Lei 3/2016 de medidas en materia de proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese.

Esa norma, aprobada pola Xunta o pasado ano, está destinada a facilitar a execución de actuacións estratéxicas que non estean recollidas nas normas urbanísticas. A tramitación a través desa Lei prevé que o proxecto sexa sometido a información pública e conte cun informe municipal favorable.

A tramitación mediante esta norma fará posible que a estación intermodal de Ourense conte nun prazo razoable co amparo urbanístico e a seguridade xurídica necesaria para iniciar a contratación das obras dos diferentes elementos que a compoñen. En concreto, a Xunta financiará o 100% da nova estación de autobuses e case o 70% do aparcadoiro subterráneo.

Iniciar esta semana a tramitación urbanística conxunta da estación intermodal de Ourense supón dar un salto adiante de importancia no impulso desta infraestrutura estratéxica, situándose nun estado de tramitación similar ao das estacións intermodais de Vigo e Santiago de Compostela.

Por último, na reunión avanzouse tamén que nos vindeiros días se presentará en Ourense o deseño conxunto desta actuación estratéxica para a cidade.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.