Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A mellora da mobilidade urbana é un dos grandes empeños do Goberno Municipal. Tendo en conta que moitas das eivas neste aspecto se dan en vías que non son de titularidade municipal, o Concello de Ourense solicita colaboración as restantes administracións para conseguir itinerarios seguros e accesibles. Así, froito desta cooperación institucional, a Xunta estima as peticións formuladas polo Concelo de Ourense, e acometerá reparación de baldosas en 11,55 km de beirarrúas que son de titularidade autonómica.

Así o confirmou a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, nunha reunión de traballo co alcalde, Jesús Vázquez, na que tamén participaron o concelleiro José Araújo, o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez e técnicos do Concello e da Consellería. O orzamento de licitación destes traballos, que asumirá a Consellería de Infraestruturas, ascende a 60.303,01 euros.

"A colaboración da Xunta é primordial para conseguir solucionar un problema que sufrimos a diario os peóns desta cidade, algo polo que agradezo a sensibilidade e a disposición da Consellería de Infraestruturas, personificada na súa titular, Ethel Vázquez, á hora de atender as demandas que lle formulamos desde o Concello", sinala o alcalde, Jesús Vázquez.

As rúas

As rúas nas que se acometerá a reparación de baldosas deterioradas serán Isaac Piñeiro, Emilia Pardo Bazán, Concordia, Progreso, Río Arnoia, Sánez Díez, Bispo Lourenzo, Velázquez (entre Castro Canseco e Remedios) e Granxa, así como as avenidas de Coruña, Bos Aires, Zamora, As Caldas e Celanova.

As actuacións consistirán en solucionar as deficiencias detectadas nas beirarrúas e mellorar a seguridade vial. Así, nas zonas onde se observan losetas en mal estado (rotas ou soltas), reporanse por outras novas. Onde esté a beirarrúa deteriorada, demolerase a superficie y reporase o novo pavimento. Tamén se actuará onde se detecten defectos en materia de accesibilidade, refacendo rebaixes e reforzando tamén a visibilidade en pasos peonís.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.