Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O 12 de xuño, comezan as obras de urbanización do Centro de Saúde do Couto, logo de que o Concello de Ourense e a empresa adxudicataria (Hordescon SL) asinasen o venres a acta de replanteo, paso previo imprescindible para o inicio dos traballos.

As obras foran adxudicadas en Xunta de Goberno Local o pasado 18 de maio por un importe de 479.710 euros IVE incluido, e terán un prazo de execución de cinco meses. A empresa adxudicataria presentara a oferta económica máis vantaxosa das cinco licitadoras que concorreron.

No que respecta aos traballos, construiranse novos accesos a estes equipamentos, nomeadamente ao centro de saúde, desde a rúa Bispo Lourenzo, Castro Canseco e Velázquez, instalaranse novos pavimentos, beirarrúas e espazos verdes que contribúan á humanización da contorna. Prantaranse árbores como cedros do atlas, prunus ciruelo, pradairos e chopos brancos e negros. Así mesmo, instalarase mobiliario urbano, alcorques, máis as redes de abastecemento e saneamento conectadas á rede municipal, instalacións eléctricas, e demais aspectos precisos para a completa urbanización.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, lembra que acadar a execución destas obras “foi un traballo arduo e tremendamente complexo que tivemos que afrontar trala chegada ao Goberno Municipal”, e sinala que “o esforzo e as horas adicadas vense recompensadas co inicio desta actuación que permitirá a apertura, ao seu remate, desta importante infraestrutura sanitaria para a cidade e para o barrio do Couto”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.