Actualmente, estase realizando o trámite urbanístico no proxecto conxunto da intermodal, pero tamén fará falta a tramitación pola Lei do Sector Ferroviario, segundo lle fixo saber ao Concello de Ourense a Xunta de Galicia esta mesma mañá.
Como queira que dentro desta tramitación non está incluída a estación de autobuses, no seo da tramitación da Lei do Sector Ferroviario haberá outro período de información pública.