Esta demanda histórica da Asociación de Persoas Xordas de Ourense xunto coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia e a Confederación Estatal de Personas Sordas, pretende que o acceso á educación en condicións de igualdade é un dereito indiscutible para o conxunto do alumnado e, no caso de moitos nenos e nenas xordas, este acceso garántese incluíndo a lingua de signos no marco dun enfoque bilingüe-bicultural baseado na aprendizaxe, coñecemento e uso tanto da lingua de signos como da lingua oral da contorna.
Ponte romana iluminada de cor azul
Con motivo do Día Nacional das Linguas de Signos Españolas, a ponte romana de Ourense estará iluminada a noite do mércores ao xoves de cor azul.