As actuacións consistirán en solucionar as deficiencias detectadas nas beirarrúas e mellorar a seguridade viaria. Así, nas zonas onde se observan baldosas en mal estado (rotas ou soltas), reporanse por outras novas. Onde estea a beirarrúa deteriorada, demolerase a superficie e reporase o novo pavimento. Tamén se actuará onde se detecten defectos en materia de accesibilidade, refacendo rebaixes e reforzando tamén a visibilidade en pasos peonís. As rúas nas que se acometerá a reparación son:
“A colaboración da Xunta é primordial para conseguir solucionar un problema que sufrimos a diario os peóns desta cidade, algo polo que agradezo a sensibilidade e a disposición da Consellería de Infraestruturas, personificada na súa titular, Ethel Vázquez, á hora de atender as demandas que lle formulamos desde o Concello”, sinalaba o alcalde, Jesús Vázquez, no momento do anuncio da Consellería de Infraestruturas.