Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Medio Ambiente, José Araújo, mantiveron unha reunión de traballo co presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, Francisco Marín. O obxectivo da reunión era para avanzar en varios asuntos comúns entre ambas as Administracións.

Precisamente, para explicarlles polo miúdo o contido dos proxectos aos grupos políticos, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, convocou unha xunta de portavoces para o vindeiro luns, 02 de outubro, ás 09:00 horas. “A cooperación institucional permite poñer en marcha proxectos de suma importancia para os veciños da cidade, como é o caso de Velle, unha demanda veciñal desde hai décadas e na que damos pasos firmes e conxuntos para acadalo”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez.

  • Durante o encontro de traballo concretaron varios aspectos relacionados co proxecto de mellora do saneamento de Velle do que en xaneiro de 2016 se asinara un Protocolo de colaboración entre ambas administracións, no que constaban varias alternativas para substituír o sistema actual de fosas sépticas por un sistema que evitase verteduras á canle do Miño que afectan á toma de auga potable da marxe esquerda do río. O investimento previsto ascende a 3 millóns de euros.
  • Acordouse tamén a firma dun Convenio no que se plasmará a solución técnica máis vantaxosa, consistente na construción dun colector interceptor entre a zona de desaugadoiro de Quintela de Velle e o campo de fútbol de Casixova, que recolla e conduza por gravidade as augas residuais da zona norte da parroquia de Velle ata o bombeo provisto de depósito de almacenamento de augas pluviais, a executar na zona próxima ao mencionado campo de futbol.
  • A recolleita no bombeo impulsarase a través dun colector ata a rede xeral de saneamento de Ourense existente, para conducilo posteriormente á E.D.A.R. de Reza, pasando previamente polo tanque de tormentas da Lonia.
  • Tamén, e para continuar cos proxectos de mellora do Barbaña, estudouse a substitución do actual dispositivo de retención de sólidos e flotantes do aliviadoiro de Ponte Lebrona instalando un tamiz automático, como proxecto piloto para que, nun futuro, o Concello de Ourense poida promover unha renovación dos dispositivos no resto de infraestruturas de retención de augas de tormenta que xestiona, todo iso co ánimo de evitar a presenza de sólidos e flotantes que orixinan episodios de contaminación nos puntos de alivio e que son especialmente significativos neste aliviadoiro de Ponte Lebrona. Este proxecto contempla, ademais, a execución dun circuíto de control que permitirá elixir o modo de funcionamento do equipo entre manual ou automático a partir dos datos de nivel de auga no interior do tanque. O investimento total que supera os 60.000 euros será sufragada na súa totalidade polo Organismo de conca.
  • Por outra banda, durante o próximo més de outubro comezarán os traballos de protección das Pozas do Muiño coa reparación do muro exterior que rodea as mesmas, actuacións nas que a CHMS investirá máis de 24.000 euros.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.