Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinaron  o convenio de colaboración polo cal se realizarán os traballos de limpeza e restauración de As Burgas, concretamente nas Burgas de Abaixo.

A Xunta asumirá o custe dos traballos (13.068 euros), así como o do proxecto (2.649,90 euros). Este convenio xorde como froito da petición formulada polo alcalde, Jesús Vázquez, á Xunta de Galicia, toda vez que as fontes das Burgas de Abaixo precisan de traballos de limpeza e restauración, debido ao paso do tempo e ao desgaste da propia pedra pola auga. “As Burgas son o gran emblema de Ourense, polo que é de agradecer a cooperación amosada polo Goberno Galego para contribuir a preservar este ben patrimonial”, sinala o alcalde ourensán.

Estes traballos de mellora no símbolo de Ourense súmanse aos xa efectuados pola Xunta de Galicia na Ponte Romana (onde se continuará coa segunda fase do proxecto de adecuación e mellora) e na Catedral de Ourense. Actuacións ambas que superan os 3 millóns de euros no seu conxunto. “Damos así un paso máis na conservación e preservación do patrimonio histórico e cultural da nosa cidade”, conclúe o alcalde, Jesús Vázquez.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.