Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A Xunta de goberno, que tradicionalmente está fixada para os xoves, adiantouse esta semana ao mércores 11 de outubro dada a festividade do Día do Pilar. En total foron 11 asuntos, dos que un foi fóra da orde do día pola vía de urxencia.

 

Precisamente, este asunto foi referido a unha nova obra do Plan de Investimentos: o expediente para contratar a urbanización da rúa Antolín Losada Torvisco e prolongación de Bieito Amado, en Rairo. Conta cun orzamento de 1.056.501,97 euros IVE incluido.

Coa realización deste proxecto renovaranse os servizos municipais (alumeado, saneamento e abastecemento) na rúa Antolín Losada Torvisco e prolongación de Bieito Amado, así como a execución de novas beirarrúas e rehabilitación do firme da calzada. O prazo de execución será de 6 meses desde o inicio das obras.

Ábrese así o prazo para que as empresas interesadas poidan presentar as súas ofertas e concorrer así a este proceso de contratación.

No referido á Concellería de Turismo e Termalismo, aprobamos a sinatura dun convenio de colaboración entre a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Ourense para a realización de obras de mellora na Oficina de Turismo. Trátase, como procede, de darlle mellores servizos e información aos visitantes.

Así, haberá melloras na accesibilidade, nomeadamente para as persoas con mobilidade reducida, haberá unha partida para impermeabilización, pois hai certos problemas permanentes de humidade no edificio, pero tamén están incluídos neste convenio axudas para equipos informáticos. De feito, estúdase a implantantación dunha pantalla táctil no exterior da oficina. Unha coma a que hai dentro, pero na parte exterior da Oficina de Turismo.

A contía do convenio será de 40.000 euros, dos que a Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo de Galicia, porá 35.000 euros, e o Concello de Ourense 5.000 euros.

No que respecta a Servizos xerais, aprobouse o gasto concreto correspondente á contratación do servizo de limpeza de instalacións municipais do Concello de Ourense, adxudicado a Onet-Seralia S.A.. Os importes son de 245.025 euros para o que resta de ano 2017; de 980.100 euros para o ano 2018; e de 735.075 euros para os meses de xaneiros a setembro de 2019.

No apartado de Avogacía Consistorial, deuse conta de dúas sentencias. Por unha banda, a dictada polo Xulgado Contencioso-Administrativo num2 de Ourense, polo que se anula o decreto de nomeamento do xefe de Persoal do Concello. Dado que a sentencia non é firme e a Avogacía Consistorial considera que existen fundamentos sólidos para presentar recurso, a sentencia será recurrida.

A segunda sentencia, dictada polo Xulgado do Social num4 de Ourense, estima a diferencia salarial que solicitaba un traballador municipal do Consello Municipal de Deportes (3.174,12 euros). A sentencia non será recurrida.

Respecto a licencias de apertura, concedeuse unha para reforma e adaptación de local e apertura por actuación comunicada para supermercado na avenida de Zamora. Pasando a Disciplina Urbanística, incoouse un expediente sancionador por obras sen licencia en edificación anexa a unha vivenda en Mende, así como tamén incoouse un expediente de revisión de oficio de licencia de obra e ocupación dun inmoble na avenida de Pontevedra. No apartado de Patrimonio, desestimouse (conforme a un informe emitido polo Consello Consultivo) unha reclamación patrimonial por lesións sufridas como consecuencia dunha caída na rúa.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.