Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense recomenda seguir as indicacións ditadas pola Xunta ante as incidencias derivadas da vaga de lumes. De feito, a Alcaldía mantén contacto en todo momento coa xerencia do Complexo Hospitalario, co fin de coordinar ao máximo as medidas de prevención. Ata o de agora, foron atendidas no CHUO oito persoas por problemas respiratorios e de ansiedade derivados do fume.

O Concello aconsella a poboación tranquilidade e precaución, trasladando seu pésame ás familias das vítimas.

No tocante á calidade do aire, o Servizo de Medio Ambiente sinala que, pese a que se superaron os niveis de partículas de xeito puntual nestes últimos dous días (na caseta de medición da calidade do aire), o Concello recomenda adherirse ás recomendacións da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense e, se existen problemas respiratorios, recoméndase acudir ao Centro de Saúde ou PAC máis cercano.

Ante a persistencia dun intenso nivel de fume os Servizos de Neumoloxía e Pediatría aconsellan á poboación que manteñan as xanelas e portas da vivenda pechadas e non saír ao exterior, na medida do posible. Especialmente, recoméndase evitar a rúa ata que remita o fume a embarazadas, nenos de corta idade, ou con enfermidades crónicas, ao igual que aos adultos con patoloxías respiratorias ou de corazón, xa que estes últimos son máis susceptibles de descompensación do seu estado xeral de saúde.

En caso de descompensación aconsellase a estes pacientes que, como noutras crises de saúde previas, se poñan en contacto co seu médico de Atención Primaria.

Asemade para evitar, ou mitigar, a irritación ocular causada polo fume, desde o Servizo de Oftalmoloxía, aconsellan refrescarse os ollos frecuentemente con auga fría, ou instilando unhas gotas de soro fisiolóxico ou solución salina, evitando fregalos con forza para evitar danos, ante a posible presenza de cinza ou partículas.

Recomendacións para a poboación ditadas pola Xunta de Galicia:

  1. Non se achegue en ningún momento ás zonas que estean ardendo. Manteña sempre distancia.
  2. Deixe libres acceso viario para o paso dos vehículos extinción nas zonas afectadas.
  3. Corte o subministro eléctrico se o lume se achega á súa vivenda.
  4. Afástese do incendio polas zonas menos provistas de vexetación, e lembre que un cambio na dirección do vento pode facer que o lume o rodee.
  5. Non intente atravesar a pé nin en calquera tipo de vehículo a estrada afectada polas frontes do lume ou con zonas de acumulación intensa de fume que impida visibilidade. Retroceda e busque camiños alternativos.
  6. No caso de ter un lume preto, peche portas e ventás para impedir que o fume entre no domicilio.
  7. Se é necesario, coloque panos húmidos nas portas e ventás. Manteña o aire das casas o máis limpo que poida, mantendo as fiestras pechadas. Se conta con aire acondicionado, utilíceo. Non acenda candeas, non pase a aspiradora e non fume.
  8. Se está nun local cheo de fume, avance a catro pés, xa que a temperatura é máis baixa e o aire máis limpo.
  9. Se presenta síntomas coma tos, irritación de gorxa, dificultade para respirar, irritación dos ollos, ou dor de cabeza, acuda o máis pronto que poida, ao seu centro médico.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.