Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A cidade de Ourense está presente na máis grande feira internacional de turismo interior e de proximidade, INTUR, que se celebra en Valladolid do 23 a 26 de novembro. Acode cun stand propio, de 6x3 metros, no que presenta a súa oferta comercial e termal como atractivo complementario a todo o que a cidade lle ofrece ao visitante: cultura, gastronomía, patrimonio, etc. O slogan "Ourense, un plan perfecto" serve de novo para presentar o noso destino turístico ante o mercado nacional nunha cita obrigada no sector, á que asisten máis de 17.000 visitantes profesionais e preto de 45.000 persoas.

Jorge Pumar, concelleiro de Turismo e Termalismo, presentou a campaña nun acto ao que acudiu prensa especializada de todo o país e profesionais do sector turístico. A promoción da nosa cidade quere amosar as potencialidades de Ourense ao visitante, mostrándolle establecementos únicos, de calidade e representativos da oferta comercial que atopará no destino. Pero tamén conxuga elementos da promoción de Ourense como Capital Termal de Galicia e a súa oferta cultural, patrimonial e gastronómica.

A cidade de Ourense reuniuse, ademais, con representantes da Rede de Cidades AVE, que persegue a promoción conxunta dos destinos polos que pasa a alta velocidade, e diferentes turoperadores.

O stand da nosa cidade recibiu, ademais, a visita do internacional Borja Fernández, que actualmente milita nas filas do Real Valladolid Club de Fútbol.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.