O Pleno do Concello de Ourense, que o 21 de nadal celebrou unha sesión extraordinaria, aprobou a rebaixa no recibo do IBI nun 10% para o vindeiro exercicio 2018.
Os contribuintes ourensáns ao Imposto sobre Bens Inmobles pagarán ata 3 millóns de euros menos, segundo as estimacións globais da Concellería de Facenda.
A rebaixa no principal imposto municipal saiu aprobada grazas aos votos a favor do Partido Popular, co apoio de Democracia Ourensana. Tanto o grupo do PSOE como de Ourense en Común votaron en contra deste acordo que modifica a ordenanza fiscal reguladora do IBI.