Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O polígono industrial das Coiñás xa loce os primeiros resultados do plan de mellora integral, froito do protocolo de actuación asinado o pasado mes de abril entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense. Así o puideron comprobar nunha visita realizada esta mañá o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o alcalde de Ourense, acompañados pola directiva da Asociación de Empresarios do polígono e diferentes autoridades.O obxectivo da iniciativa é mellorar as condicións das empresas que desenvolven a súa actividade nesta infraestrutura.

O investimento ascende a 421.000 euros, destinados á reposición da pavimentación, saneamento, abastecemento, iluminación pública, telecomunicacións e sinalización. En concreto, a urbanización para mellorar o acceso ao polígono polo novo enlace desde a estrada para permitir a entrada e saída do tráfico rodado en condicións de seguridade; mellora da calzada, renovando a pavimentación; actualización da iluminación pública ás novas novas directivas de aforro enerxético; renovación da rede de saneamento, pluviais e abastecemento; mellora do acceso de peóns, con sinalización e ampliando o campo de visualización dos vehículos de tráfico pesado; e actualización da rede de telefonía.

Máis dotación industrial

“Este é un investimento fundamental, que agradezo especialmente á Consellería de Industria e o seu conselleiro Francisco Conde, pola sensibilidade que nos amosaron para entender a importancia e necesidade deste investimento”, dixo o rexedor, que tamén lembrou as 50 novas hectáreas de solo destinada a usos industriais e de servizos que prevé o futuro plan xeral.

O titular de Economía, pola súa banda, puxo en valor a colaboración institucional entre a Xunta e o Concello de Ourense e co tecido empresarial da provincia e as 21 empresas que forman parte do polígono industrial indicando que “a suma de esforzos” fai posible actuacións como a mellora do parque de Coiñás e que a cidade de Ourense se converta nun foco de investimento.

Conde avanzou na visita que a Xunta convocará proximamente as axudas de 2018 da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a mellora das infraestruturas nos parques empresariais, ás que destinará preto de 6,4 millóns de euros. “Os concellos emprendedores terán preferencia nestes apoios”, lembrou, “e Ourense mostrou xa o seu interese por adherirse ao programa para colaborar no obxectivo fixado na Lei de implantación empresarial: a captación de novos investimentos para Galicia a través da mellora dos servizos e da fiscalidade”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.