Nesta recepción oficial, ambos dirixentes conversaron acerca da historia e dos vínculos que moitos ourensáns teñen con Panamá e con toda América Latina, “motivo máis que suficiente para manter unha relación institucional fluida a ambos lados do Atlántico”, sinalou o rexedor.
Tanto Jesús Vázquez como Milton C. Henríquez puxeron de manifesto no encontro a importancia da cooperación, colaboración e respecto institucional co fin de acadar melloras nos territorios e, consecuentemente, na calidade de vida dos seus habitantes.