Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello de Ourense volve a integrarse, tras catro anos fóra dela, na asamblea xeral do Eixo Atlántico. Así quedou de manifesto na asemblea xeral do Eixo Atlántico, que se celebrou hoxe na localidade portuguesa de Maia.

“A cooperación é a clave do Eixo Atlántico, e o feito de que Ourense volva a integrarse na súa asamblea significa que os intereses dos veciños e veciñas da nosa cidade será sempre parte fundamental na toma de decisións desta agrupación territorial e política”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez Abad.

Na sesión desta mañá, a asamblea do Eixo Atlántico aprobou un segundo paquete de infraestruturas que complemente a liña do Minho xa en obras ou en proceso de contratación con prazo de finalización finais de 2019 e as conexións pendentes na parte galega.

Este paquete prioriza a conexión Ferrol A Coruña, e as conexión ferroviarias dos portos, como eixos principais en Galicia que complementen a saída sur de Vigo e a “T deitada”, Ourense-Lugo, Monforte-Palencia sobre os cales xa vén traballando con ambos os ministerios desde fai máis dun ano.

No caso concreto do tramo Ourense-Lugo e unha vez que xa están en curso os procedementos para a súa electrificación e supresión de pasos a niveis, así como que en breve se abrirá ao servizo a variante da Pobra de San Xiao exporase ao Goberno as variantes de Monforte Rubián e Os Peares sen as cales non haberá mellora dos tempos.

Na parte portuguesa aprobouse exporlle ao Goberno a conexión de Braga o bypass coa liña do Miño aproveitando a canle que permanece reservadopara o tren de alta velocidade o que convertería a Braga en estación de paso cara a Galicia no canto do actual fondo de saco. Tamén se aprobou propor a conexión ferroviaria da liña do Miño co aeroporto Sá Carneiro, e a interconexión da liña do Vale do Vouga coa liña ferroviaria do norte cunha parada no Europarque.

PROGRAMA DE ACTUACIÓNS

A asemblea do Eixo, que contou coa participación do ministro de Ambiente do goberno portugués, Matos Fernandes, no acto de peche, aprobou o programa para 2018 e un orzamento que ascende a 4.652.722 euros.

Entre as principais actuacións do programa aprobado destacan o desenvolvemento do plan de acción da Axenda Urbana aprobada no Congreso de Braga, que constituirá un excelente catálogo de accións para candidatar aos fondos comunitarios.

Así mesmo acordouse impulsar a través da RIET (Rede Ibérica de Entidades Transfronteirizas), que preside o alcalde de Viana do Castelo e membro do Eixo Atlántico, a elaboración dun novo tratado de cooperación bilateral entre España e Portugal que constitúa un novo marco xurídico para impulsar a cooperación.

Tamén se acordou o impulso á política de cohesión no ámbito europeo a través da Rede C4C (cidades pola cooperación) da que forma parte o Eixo Atlántico. Neste ámbito aprobouse apoiar o desenvolvemento da cooperación transfronteiriza en América Latina a través das organizacións que pediron asesoramento ao Eixo Atlántico: Bripaem, Observatorio de Fronteira Uruguai Arxentina.

Tamén no ámbito das iniciativas estratéxicas impulsarase a adecuación e mellora do Camiño Portugués de Santiago e unha acción concertada co Goberno para loitar contra os incendios.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.