Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

A data fixada para a devandita reunión da comisión será o 21 de xuño. Será o ano consecutivo no que Ourense acollerá este encontro de traballo

A vindeira Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade da FEMP celebrarase en Ourense. A data fixada para a devandita reunión da comisión será o 21 de xuño.

Así o anunciou esta mañá en Madrid o presidente da mesma e alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, sinalando que por segundo ano consecutivo a cidade das Burgas albergará esta reunión intermunicipal formada por alcaldes e/ou concelleiros de 23 municipios de España. O pasado ano, foi a primeira vez na historia na que Ourense acolleu esta reunión de representantes municipais de toda España, tal e como lembrou o rexedor ourensán.

Este órgano da FEMP está definido para “promover accións para que as entidades locais sexan administracións útiles, necesarias, competitivas, solventes, que dean solucións ás necesidades sociais e favorezan a participación cidadá”, segundo sinala o alcalde, Jesús Vázquez. A Comisión busca, igualmente, o apoio e difusión das experiencias dos concellos membros, impulsar o banco de boas prácticas na adaptación das normas de xestión das institucións públicas, desenvolver convenios ou promover actividades de sensibilización e formación nas súas materias propias (modernización, participación cidadá e calidade). Ten como obxectivo principal difundir e promover os procesos de modernización, parrticipación cidadá e calidade na Administración Local. Para iso desenvólvense accións de sensibilización, promoción, intercambio e formación da implantación de iniciativas modernizadoras, sistemas de participación e de xestión da calidade nas Administracións Locais, así como colaboración con centros de investigación, universidades, consultoras ou outras administracións, para desenvolver traballos de campo na aplicación e experimentación metodoloxías de modernización e calidade (experiencias piloto) e a súa posterior difusión ao resto de entidades locais.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.