Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

“En Ourense non somos alleos á problemática do cambio climático e por suposto queremos aportar o noso esforzo e a nosa vontade para, desde o ámbito local, promover cambios a nivel global”, sinala o alcalde de Ourense.

O obxectivo da campaña é destacar que os municipios teñen un papel fundamental á hora de impulsar as solucións necesarias ao reto global do cambio climático: diminuíndo o consumo enerxético, apoiando o autoconsumo con fontes renovables e a mobilidade sustentables, reverdecendo as cidades, ou axudando a sensibilizar aos seus veciños para adoptar hábitos máis responsables co clima e o resto dos seres vivos.

Vídeo distribuido nas redes sociais

Alcaldes e alcaldesas de toda España iniciaron hoxe unha cadea en redes sociais para enviar unha mensaxe común contra o cambio climático, deixando de lado as súas posibles diferenzas, como parte da campaña da Hora do Planeta de WWF.

A iniciativa #ConectadosPorElPlaneta conta xa co apoio dos rexedores de municipios como Ourense, Sevilla, Madrid, Barcelona ou Soria. O ano pasado, máis de 400 pobos e cidades de toda España apagaron os seus principais monumentos como símbolo contra o cambio climático na Hora do Planeta, a maior mobilización ambiental global.

Nesta nova edición, WWF aliouse con alcaldes e alcaldesas para iniciar unha cadea en redes sociais, imitando aos coñecidos challenges, que mostre o compromiso dos concellos polo clima e que durará ata o momento do apagamento, o sábado 24 de marzo ás 20:30 h. Nove rexedores empezaron hoxe a “nomear” desde as súas redes a outros edís da nosa xeografía, deixando claro que debemos traballar xuntos para facer fronte ao cambio climático. A cadea puxérona en marcha: O alcalde de Soria (Carlos Martínez @cmmsoria), a alcaldesa de Madrid (Manuela Carmena @ManuelaCarmena), o alcalde de Ourense ( Jesús Vázquez @jesus_ourense) o alcalde de Alcobendas (Ignacio García de Vinuesa @garciadevinuesa), a alcaldesa de Alovera en Guadalaxara (Purificación Tortuero @PuriTortuero), o alcalde de Marchamalo, tamén en Guadalaxara (Rafael Esteban @Rafa_Esteban), o Concello de Sevilla (co seu alcalde Juan Espadas @JuanEspadasSVQ), o Concello de Ajofrín en Toledo (coa colaboración da a alcaldesa Maria Isabel Alguacil da Pena @ajofrinayto), e o Concello de Barcelona (cos nomeamentos que virán da man de Janet Sanz, tenente de alcalde de ecoloxía, mobilidade e sustentabilidade).

O alcalde ourensán invitou nas súas redes a Lara Méndez @LaraMendezLopez (Lugo) e Telmo Martín @concello_sxx (Sanxenxo) a que se sumen tamén a esta iniciativa de concienciación e solidaridade co Medio Ambiente.

“En Ourense non somos alleos á problemática do cambio climático e por suposto queremos aportar o noso esforzo e a nosa vontade para, desde o ámbito local, promover cambios a nivel global”, sinala o alcalde de Ourense

Con esta iniciativa, WWF pretende destacar que os municipios teñen un papel fundamental á hora de impulsar as solucións necesarias ao reto global do cambio climático: diminuíndo o consumo enerxético, apoiando o autoconsumo con fontes renovables e a mobilidade sustentables, reverdecendo as cidades, ou axudando a sensibilizar aos seus veciños para adoptar hábitos máis responsables co clima e o resto dos seres vivos.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.