Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello


O obxectivo desta medida é, segundo explicou Jesús Vázquez Abad, “impedir así que un partido ou outro poida bloquear algo tan elemental como garantir eses servizos”
O rexedor ourensán sinalou ante os grupos que “esta é a súa ocasión para emendar o que pasou hai apenas uns meses e construír unha liña vermella sobre este tema tan esencial para os cidadáns”


Ourense, 27 de marzo de 2018.-

No transcurso do Pleno Extraordinario celebrado esta mañá, no seu discurso final, o alcalde de Ourense deixou sobre a mesa un ofrecemento aos grupos políticos da oposición: Facer un Pacto de goberno para blindar os servizos e asistencia básica dos máis necesitados na cidade.

O obxectivo desta medida é, segundo explicou Jesús Vázquez Abad, “impedir así que un partido ou outro poida bloquear algo tan elemental como garantir eses servizos”

O rexedor ourensán sinalou ante os grupos que “esta é a súa ocasión para emendar o que pasou hai apenas uns meses (cando o PSOE e OueC negáronse a apoiar a conta 413 que permitía repoñer a partida de Asuntos Sociais e manter así os servizos e o pago a proveedores) e construír unha liña vermella sobre este tema tan esencial para os cidadáns”.

“Un pacto de goberno que será exemplar para outras cidades e que será un dos grandes alicerces da nosa. Apelo á súa responsabilidade como representantes desta cidade para que este Pacto sexa un dos grandes compromisos que poidamos lograr nestes catro anos. Apelo á súa sensibilidade cos que máis o necesitan e que esta se concrete en feitos, e non só en palabras contra o goberno desta cidade”, concluiu o alcalde.

Plan de futuro e crecemento “Ourensanamente en ti”

Jesús Vázquez avanzou tamén contidos do “Plan de futuro e crecemento para Ourense 2018-2023”, “o proxecto “Ourensanamente en ti” do que estamos francamente orgullosos. Sabemos que esta cidade ten problemas, algúns comúns a outras, por suposto, pero tamén sabemos que nós temos a nosa propia dinámica, unha calidade de vida distinta e marabillosa que temos que conservar, unha forma de vivir á ourensá que queremos poñer por riba de todo e sobre a cal elaboramos este completo plan”.

Vázquez Abad sinalou que xa adiantou un dos seus eixos: “Ourensanamente sostible” coa presentación do “Ecobarrio” a pasada semana, que situará a esta cidade á vangarda do aproveitamento enerxético, creando a primeira rede de xeotermia de Europa cun investimento de máis 20 millóns de euros e a creación de 300 empregos.

“Ourensamente en ti” contará cun total de oito eixos estratéxicos, cada un cos seus proxectos, pero nos que queremos contar coa participación activa dos veciños e veciñas.

Estes eixes son:

- Ourensamente social
- Ourensamente sostible
- Ourensanamente próxima
- Ourensanamente cultural
- Ourensamente dinámica
- Ourensanamente conectada
- Ourensamente inclusiva
- Ourensamente para todos

Logo de esbozar este plan de modelo de cidade que avanza de urbe tradicional a innovadora, cunha xestión centrada na calidade de vida das persoas e cunha administración que promove, innova e crea novos servizos, Jesús Vázquez tamén invitou aos grupos políticos a que “se sumen sen complexos ao o noso “Plan de futuro para Ourense”. Esta cidade imos seguir impulsándoa e, se vostedes queren, farémolo aínda máis rápido. Créanme que os cidadáns nolo agradecerán”, rematou o alcalde.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.