Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

“Queremos aproveitar a emisión deste selo para reivindicar que estamos a vivir unha nova etapa de modernización da cidade”, con infraestruturas como o AVE e a Estación Intermodal, salientou o alcalde

O selo contará cunha tirada de 180.000 exemplares que se poderán mercar dende o 11 de maio até o 31 de decembro de 2020

O acto de presentación contou coa presenza do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; o delegado do Goberno, Santiago Villanueva; o director de Filatelia de Correos, Modesto Fraguas; o diputado Celso Delgado e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, entre outros

Ourense, 7 de maio de 2018.-

O Concello de Ourense acolleu este luns a presentación oficial dun selo de Correos que conmemora o centenario da construción de A Ponte Nova da cidade, que terá unha tirada de 180.000 exemplares con un valor de 1,35 euros e que estará en venda dende o 11 de maio até o 31 de decembro de 2020.

Durante a presentación o alcalde Jesús Vázquez salientou que este selo “vai ser unha pequena fiestra para que a xente de todo o mundo poida descubrir as “marabillas” da cidade e que vai “ser obxecto do desexo dos coleccionistas”.

O rexedor reivindicou que a Ponte Nova supuxo toda unha “aposta pola modernidade”, xa que serviu para “dinamizar o transporte e a saída de produtos dende Ourense e o seu entorno até o porto de Vigo”.

“Queremos aproveitar a emisión deste selo para reivindicar que estamos a vivir unha nova etapa de modernización da cidade, con infraestruturas tan vangardistas e necesarias coma fora no seu momento a Ponte Nova”, sinalou o alcalde.

Na súa intervención o rexedor incidiu na importancia da cidade como “eixe de comunicación, un privilexio que manterá coa inminente chegada do AVE e a construción da Estación Intermodal”.

O acto de presentación contou coa presenza do ministro de Fomento, Íñigo de la Serna; o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; o delegado do Goberno, Santiago Villanueva; o director de Filatelia de Correos, Modesto Fraguas; o diputado Celso Delgado e o presidente da Deputación, Manuel Baltar, entre outros.

O ministro de Fomento destacou que a aposta do Goberno central por Ourense, xa que os Presupostos do Estado confirman que “é a segunda provincia en gasto por habitante”, e confirmou as inversións estatais para a chegada da Alta Velocidade á capital.

Tamén salientou “a aposta de Jesús Vázquez e da Xunta” pola
Estación Intermodal e por novas infraestruturas viarias entorno a capital. Ao remate da súa intervención De la Serna quiso “recoñecer o esforzo do alcalde Jesús Vázquez, que está a facelo francamente ben por Ourense”.

Na súa intervención o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, agradeceu os compromisos do ministerio de Fomento coa cidade e a provincia e referiuse a Ponte Nova como “símbolo do espírito aberto da cidade” e do carácter ourensán “que aposta por unir e chegar a acordos”.

“Hoxe é un bo día en Ourense, porque o ministro non ven só presentar un selo, senon comprometer de forma solemne a conexión da cidade con Lugo e a Meseta. Nunca un selo de Correos trouxo tanto diñeiro”.

O selo que entrará en circulación esta semana representa a Ponte Nova con liñas limpas e de efecto modernista en dous cores, ocre e azul, coas que o autor tenta transmitir a idea do paso do tempo. Un logotipo inspirado no artdecó da época remata o deseño.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.