Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Ourense, 17 de setembro de 2018.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, deu a coñecer este luns no “Fórum Europa. Tribuna Galicia” o seu modelo de cidade, denominado “Ourensanamente”, un proxecto “universal e moi noso ao mesmo tempo, un modelo que sitúa ás persoas como principio e fin” e que quere facer realidade no período comprendido entre 2019 e 2023.

Durante a súa intervención, o rexedor ourensán reafirmou a súa decisión de presentarse de novo como candidato aos comicios locais como “o alcalde do sentidiño”, cun proxecto baseado no sentido común, que permita “proxectar unha cidade na que caben todos e todos participan” e na que os políticos sexan “servidores da cidadanía que deposita en nós a súa confianza”.

Ante un nutrido auditorio no que estaban presentes, entre outros, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo; o presidente da Deputación Provincial, Manuel Baltar; así como conselleiros e representantes de diferentes entidades, asociacións e organismos de Ourense, Vázquez detallou o seu modelo de cidade “Ourensanamente” dividido en oito eixes estratéxicos, dende o ámbito social, cultural, ecolóxico e participativo.

Neste proxecto cobran vida os principais proxectos promovidos no seu mandato, dende o Centro Interxeracional que hoxe mesmo abriu as súas portas; o primeiro Parque Inclusivo de Galicia, ou a iniciativa “Ourense, capital termal intelixente”, que pretende impulsar a economía a través do turismo; até o proxecto do Ecobarrrio de A Ponte, unha proposta de ámbito europeo e pioneira en España, baseada no aproveitamento enerxético da xeotermia.

Pero esta proposta tamén incidirá na preocupación porque Ourense conte co “Primeiro pacto social de goberno local” que garanta medidas de protección social para os cidadáns “goberne quen goberne” (e que foi rexeitado polos grupos da oposición do actual mandato municipal); na modernización do comercio e a promoción da economía local, ou a creación dunha estratexia de promoción turística, entre outros aspectos.

O rexedor reivindicou que nos seus primeiros tres anos de mandato un dos seus principais obxectivos foi “captar inversións para Ourense”, e que froito deste esforzo estase a vivir “o período inversor máis importante e intenso da Historia de Ourense, no que só do Goberno do Estado están pendentes 700 millóns de euros”.

Pero tamén recordou que estes pasos foron posibles a pesares do “bloqueo sistemático” da oposición. “Nun goberno en minoría, a maioría é a oposición. a oposición de gobernos en minoría como é o noso caso, torpedea a actividade institucional dunha forma escandalosa, impedindo que se aproben actuacións, propostas, proxectos de avance e ata os orzamentos municipais, desde que chegamos ao goberno”.

O rexedor mostrou a súa esperanza nun cambio de postura e insistiu en que non parará no seu empeño de seguir “tendendo pontes, como as que nos ten deixado a historia na nosa cidade”.

Na súa intervención, o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo, destacou que o alcalde de Ourense “non elude o compromiso de gobernar en situación precaria”. Así, Núñez Feijóo recordou que o rexedor ourensán goberna en condicións de “minoría absoluta” ao tempo que debe facer fronte a “personalismos grotescos” noutros partidos locais, referíndose a Jesús Vázquez Abad como un alcalde que non elude o compromiso de gobernar nunha situación precaria e que lle gusta insistir en que sempre se poden facer mellor as cousas .

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.