Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Ourense, 30 de novembro de 2018.-

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, asinaron esta mañá un protocolo no que se sentaron as bases de colaboración entre a Xunta e o Concello para promover un contorno urbano cada vez máis accesible e seguro.

Actuación, que tal e como destacaron, é a suma de esforzos e colaboración entre Xunta e Concello para facer cidade e para que os veciños de Ourense vexan reforzada a súa seguridade viaria, a fluidez no tráfico e, en consecuencia, vexan incrementada a súa calidade de vida.
“O que hoxe acabo de asinar con Ethel Vázquez é unha medida sen precedentes nesta cidade. Estamos ante un día histórico para Ourense porque falamos dun investimento de 9,7 millóns de euros para a mellora da seguridade viaria e da integración urbana, con traballos necesarios en determinados firmes e beirarrúas e coa execución de sendas incluidas no Plan de Sendas de Galicia”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez Abad.

Prácticamente 10 millóns de euros para dotar de melloras en seguridade viaria, “algo clave no noso proxecto de cidade, a determinadas vías de titularidade autonómica que discorren polo noso termo municipal e falamos da avenida Otero Pedrayo, Seixalbo, a rúa Concordia, o entorno da Ponte Vella, Macelo Macías, as rúas Progreso e Río Arnoia, a avenida das Caldas e as sendas previstas na Ponte Sevilla, na Rabaza, na avenida de Ponferrada, Montealegre, Valdorregueiro e Reza”, recalcou o rexedor ourensán, quen lle manifestou á titular do departamento autonómico, en nome da cidade de Ourense, “o meu agradecemento pola súa intensa, decidida e constante cooperación para mellorar Ourense, para facer da nosa cidade un lugar mellor. Sen dúbida, con este protocolo de colaboración sentamos as bases e poñemos sobre o papel as solucións a moitas demandas que recibimos a diario da veciñanza ourensá”.

A Consellería de Infraestruturas da Xunta será a encargada de financiar e executar as obras e, unha vez estean finalizados os traballos, o Concello de Ourense asumirá a titularidade daqueles treitos de estradas que queden configurados con características de rúa urbana. Un total de 5,7 km de vías autonómicas pasarán a ser de titularidade municipal: a rúa Otero Pedraio Ca(travesía da OU-536), a rúa Concordia (antiga N-120 entre Progreso e Ramón Cabanillas, rúa Marcelo Macías (travesía da antiga N-525), rúa Río Arnoia (OU-200) e avenida das Caldas (OU-420) .
A conselleira Ethel Vázquez sinalou que, proba da facilidade da colaboración con Concello de Ourense, só a Axencia Galega de Infraestruturas executara aquí obras por importe de 4,5 millóns de euros, que sumados ao protocolo asinado hoxe fan un total de máis de 14 M€ en catro anos. E, aos que se poderían engadir investimentos de outros departamentos da consellería como a estación Intermodal ou as obras de saneamento.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.