Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, confirmou hoxe que a reforma do Hospital Público de Ourense continuará o ano que vén, “sen facer parénteses”, cunha nova fase que suporá a construción dun novo edificio e a reforma integral do materno infantil. Durante o acto de presentación do proxecto de ampliación, Feijóo reeditou hoxe o compromiso de acometer, “sen agardar”, as fases que faltan para que este hospital público quede preparado para as próximas décadas, baixo tres retos básicos aos que dar resposta: integrar a hospitalización de adultos, pediátrica e xinecolóxica; modernizar o 100% de todas as áreas de hospitalización; e centralizar as áreas diagnósticas e preparar a futura reforma das consultas e áreas docentes e administrativas.
O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez puxo en valor a importancia deste proxecto, que califou de “fundamental no avance dunha área imprescindible da nosa sociedade, coa materialización dun compromiso da Xunta de Galicia en materia sanitaria dun investimento de 64 millóns de euros”. Este feito, unido á licitación das pobras de reforma no CIFPO Portovello, por parte da Consellería de Educación converten o de hoxe nun “día histórico”, subliñou Vázquez Abad.

O presidente da Xunta incidiu en que, de forma inmediata, se impulsará un novo edificio ao que se prevé trasladar a hospitalización que resta por modernizar, ben comunicado coas restantes áreas de ingreso, servizos diagnósticos, bloque cirúrxico, urxencias e unidades de críticos. “Isto permitirá baleirar o materno infantil e proceder á súa total remodelación, creando un núcleo compacto de hospitalización e servizos que pola súa vez faciliten fases posteriores”, dixo, ao que engadiu que, a maiores, nesta fase tamén se reformarán as ás esquerdas do vello edificio de hospitalización -o edificio Cristal-, para que faga as funcións de comunicación e de apoio clínico para as zonas de hospitalización dos dous novos edificios, tanto o inaugurado en 2017 como do de próxima construción.
Así mesmo, aseverou que as tres etapas se impulsarán tendo en conta a opinión dos profesionais e dos pacientes. E, con ese ánimo, nas próximas semanas intensificaranse os contactos co fin de cumprir o obxectivo de licitar a redacción deste proxecto nos primeiros meses de 2019.
Ao longo da súa intervención, o responsable autonómico fixo fincapé en que a clave desta nova fase é a integración da hospitalización que permitirá poñer fin á complexidade que representa a separación física das áreas de hospitalización, cos conseguintes traslados e limitacións de accesibilidade aos servizos centrais e diagnósticos.
Deste xeito, conseguirase un núcleo compacto de hospitalización e servizos, e a unión interna tamén entre as urxencias pediátricas e as xerais. A isto hai que engadir que os novos núcleos de comunicación farán posible independizar as circulacións internas –de ingresos e do persoal- das ambulatorias. E a reforma do Materno infantil, ademais da modernización integral do edificio, fará posible a ampliación do espazo para unha área ambulatoria con acceso directo desde a rúa.
Ademais desta fase, Feijóo asegurou que, de xeito paralelo, xa se está a traballar nos usos e remodelacións necesarios para os edificios orixinais do hospital.
“A previsión é que poidamos licitar o Plan funcional e o Plan de espazos correspondente a estas actuacións no segundo trimestre de 2019”, afirmou, subliñando que, desta maneira, o Goberno galego asume o compromiso de volver a Ourense antes de que remate o próximo ano, para informar dos detalles desa última fase que completará a ampliación e reforma deste hospital público.
Melloras na atención primaria
O presidente da Xunta aseverou que este proxecto contribuirá a mellorar o día a día dos profesionais, pacientes e familiares, como xa o fixo o edificio que, cun investimento de 41 millóns de euros, se iniciou en plena crise económica e se puxo a funcionar en setembro de 2017. “Unha infraestrutura que dotou este centro de 52.000 metros cadrados adicionais, conseguindo concentrar todas as unidades nun único edificio fronte aos tres anteriores e con 287 camas máis”, explicou, referíndose tamén á adecuación de espazos no Santa María Nai, para novas consultas en oncoloxía ou na ampliación do hospital de día; coa reforma integral da área de Resonancia Magnética e TAC, que se está a piques de rematar; ou coa apertura de novos locais de restauración, aos que se sumará a nova cociña nos primeiros meses do ano que vén, tras un investimento de máis de 4,5 millóns de euros.
Feijóo concluíu aseverando que a aposta polas infraestruturas sanitarias non só pasa polo hospital como proba a construción de oito novos ambulatorios - na Merca, Entrimo, Vilar de Santos, Vilamarín, A Peroxa, O Couto, Pontedeva e en Barbadás-, aos que se sumarán outros dous –en Paderne de Allariz e en Pereiro de Aguiar-; e a reforma doutros cinco –en Carballeda de Avia, A Rúa, Muíños, Gomesende e O Bolo-.
Unhas infraestruturas que fan posible que entre un 15% e un 18% dos ourensáns teñan hoxe ao seu carón un centro de saúde novo ou renovado.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.