Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Durante a fin de semana do 26 ao 28 de abril, Ourense será a capital española dos Dereitos Humanos. Este fito virá da man da celebración na cidade da 45 Asemblea Xeral Federal de Amnistía Internacional en España, o máximo órgano de representación desta ONG a nivel estatal e que leva defendendo os Dereitos Humanos en todo o mundo desde 1961 e con máis de 8 millóns de socios en todo o mundo.

Por este motivo, o presidente de Amnistía Internacional en Galicia, Jonathan Domínguez; e a coordinadora do Grupo de Acción en Ourense, Alba Fernández, mantiveron o oito de xaneiro unha reunión institucional co alcalde, Jesús Vázquez Abad, para establecer liñas de cooperación entre o Concello e a ONG para o desenvolvemento da asemblea, que reunirá na cidade a preto de 400 persoas de toda España e outras 50 persoas como persoal técnico. “Un dos obxectivos que perseguimos as/os activistas de Amnistía nesta cidade cando presentamos a candidatura para ser sede da Asemblea Xeral Federal foi o de de visibilizar Ourense e os seus atractivos turísticos, por iso queremos implicar a tódolos axentes neste evento, pois situaranos como capital española dos Dereitos Humanos”, explica o presidente de Amnistía Internacional en Galicia, Jonathan Domínguez.

“Que un organismo da importancia e a relevancia de Amnistía Internacional decida elixir a Ourense, por primeira vez na súa historia, como sede do seu máximo órgano de representación a nivel estatal é unha honra para esta cidade e desde o Concello prestaremos o apoio preciso para que sexa un éxito”, sinala o rexedor ourensán. “Queremos que os participantes na Asemblea teñan a mellor das experiencias durante o tempo no que estén na nosa cidade”, recalca Vázquez Abad.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

  PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:

  PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:

  CONTRATACIÓNS:

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

  • Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
  • Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.