Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

Por fin, un dos proxectos máis agardados pola cidade de Ourense comeza a ver a súa consecución, logo da publicación o 4 de febreiro, na plataforma de contratación do sector público, do anuncio de licitación e pliego das obras do Museo Arqueolóxico, cun importe total de 12.246.860,33 euros, e un orzamento do proxecto cifrado en 10.121.372,17 euros.

“Acadamos un dos grandes obxectivos deste mandato municipal: a licitación das obras do Museo Arqueolóxico por parte do Ministerio de Cultura”, sinala o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, quen amosa ademáis a súa satisfacción “por ver o froito do intenso traballo levado a cabo nestes meses, onde desbloqueamos a situación urbanística do Museo e outorgamos a licencia de obra en tempo récord, clave imprescindible para chegar ao agardado momento de hoxe: a licitación logo de tantísimos anos, dunha obra que é unha débeda histórica para a cidade de Ourense”.

Lembra o rexedor ourensán que o desbloqueo deste proxecto foi un dos seus máximos compromisos neste mandato municipal, “algo no que traballamos desde o primeiro intre”, rememorando que foi preciso “apelar e convencer aos diferentes responsables do Ministerio da necesidade de executar estas obras, facendo todo o que estivo na nosa man, como o feito de desbloquear todo o relativo ao Museo Arqueolóxico, para poder dar unha licencia que levaba e levaría morta demasiado tempo sen que ningún goberno se preocupase por desbloqueala”.

Foi o pasado 18 de setembro cando o Goberno Municipal concedeu a licencia de obra para executar estas obras, dando así resposta ao compromiso adquirido polo Grupo de Goberno para desbloquear unha obra que estaba pendente dende o ano 2002. Nos últimos tres anos déronse pasos importantes como a modificación puntual do PERI en tempo récord para poder realizar o proxecto, a posterior concesión de licenza e o seu traslado ao Ministerio de Cultura paraa súa licitación por parte do Estado, momento que chegou precisamente hoxe.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, agradece ao Ministerio de Cultura, e fundamentalmente ao subsecretario do Ministerio de Cultura y Deporte, Javier García Fernández, quen respondeu por escrito en decembro á carta remitida polo alcalde de Ourense o pasado 26 de novembro, solicitando información sobre os proxectos pendientes: A Biblioteca, o Arquivo Provincial e o Museo Arqueolóxico, que suporán investimentos por 36 millóns de euros por parte do Ministerio de Cultura en Ourense.

Respecto ao Museo Arqueolóxico, informaba daquela o alto cargo ministerial que os pliegos para a licitación da obra (calculada en máis de 12 millóns de euros) xa foran redactados e estaban sendo informados pola Abogacía del Estado e avanzaba que a previsión era que durante o mes de xaneiro fora publicado o concurso público. Ademais, tamén informaba que en abril esté instalado o mobiliario da Biblioteca Pública do complexo de San Francisco para que a Xunta poida trasladar fondos e persoal e proceder á súa apertura, poñendo así a disposición da cidadanía outra das grandes infraestruturas culturais da cidade activadas e concluidas no presente mandato municipal.

O alcalde, Jesús Vázquez Abad, reitera o seu agradecemento ao subsecretario de Estado pola súa resposta veraz a cuestións “fundamentais para o avance da cidade que nos empeñamos en reactivar e relanzar desde o inicio deste mandato municipal” e manifesta a súa confianza en que “a palabra dada será cumprida, polo ben da mellora nos servizos e instalacións que precisa Ourense”.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.