Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Concello

O Concello avanza no seu compromiso para que Ourense sexa a primeira cidade de España con baños públicos adaptados a persoas ostomizadas. Así llelo trasladou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, aos representantes da Asociación de enfermos e enfermas de Crohn e Colitis Ulcerosa (ACCU) aos que informou da colocación de cabinas adaptadas nas instalacións do Auditorio Municipal e do Pavillón dos Remedios nunha reunión que tamén contou coa presenza da concelleira de Cultura, Belén Iglesias e do concelleiro de Deportes, Mario Guede.

“Serán unhas instalacións que darán resposta ás demandas que nos transmitiu o colectivo de persoas ostomizadas, de forma que poidan empregar os aseos dos edificios públicos en condicións de igualdade, seguridade e comodidade, e que lles permitirán aumentar a súa autonomía persoal e independencia”, explica Jesús Vázquez.

Con este proxecto, o rexedor destaca que “queremos que as persoas con ostomías e bolsas intestinais poidan facer a súa vida cotiá sen ter que preocuparse ou verse condicionados no seu día a día, do mesmo xeito que o resto dos ourensáns”.

A instalación deste tipo de sanitarios comezará no Pavillón dos Remedios e no Auditorio municipal, onde está prevista a instalación de cabinas adaptadas tanto no baño para homes coma no de mulleres.

“Será o primeiro paso dun proxecto moito máis ambicioso, no que apostamos por estender este servizo a toda a cidade; tamén crearemos sanitarios adaptados nos edificios de titularidade municipal”, incidiu o rexedor.

Para moitas persoas que portan unha bolsa intestinal o feito de ir ao baño convértese en todo un reto cando saen dos seus fogares, e provoca que moitos reduzan a súa vida social ante a dificultade de limpar as súas bolsas intestinais. Cando as persoas ostomizadas deben baleirar a súa bolsa atópanse con que os equipamentos dos baños adaptados para persoas con discapacidade carecen dos mecanismos necesarios para asegurar un baleirado seguro e hixiénico.

Os baños que instalará o Concello de Ourense responden ás necesidades transmitidas polo colectivo, a través de ACCU. Son unhas instalacións desenvolvidas por unha empresa ourensá, que foi a encargada do deseño e construción do equipamento.

Terán unha altura de 75 centímetros para facilitar o baleirado das bolsas, pero tamén contarán cunha bancada para facilitar o seu uso á cativada que precise deste servizo. Ademais, as instalacións estarán dotadas cunha billa de ducha extraíble para o lavado da bolsa cunha man mentres que se pode soster coa outra.

Desde a Asociación de Enfermos e Enfermas de Crohn e Colitis Ulcerosa (ACCU) sinalase que en Ourense existen máis de 800 persoas que precisan deste servizo, unha cifra que crece cada ano xa que inclúe tamén ás persoas ostomizadas procedentes doutras patoloxías.

Clasificación dos Indicadores de Transparencia

  PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:

1. Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.

2. Axenda institucional do alcalde.

3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.

4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións.

5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).

6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes

7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello

8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:

9.  Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

10. Organización Municipal.

11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.

12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)

13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)

14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)

 

  PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:

15. Código ético de bo goberno.

16. Ordes do día previas aos plenos municipais.

17. Actas dos plenos municipais.

18. Acordos da Xunta de Goberno.

19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.

20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

  CONTRATACIÓNS:

48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.

49. Contratos menores realizados polo Concello. Acceda á Plataforma de Contratación do Estado, e seleccione a ficha "Documentos" para acceder a información sobre os contratos menores.

50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.

51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)

52. Actas das mesas de contratación.

53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.

54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)

 

  CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:

55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)

56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)

57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

 

  SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:

58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello (pdf)

59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

  VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.

74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.

75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.

76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.

77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

  RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:

78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.

80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.